Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.
Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo e formou parte da primeira promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1980 deu clase no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, converténdose en catedrático en 1992. Colaborou coa Universidade de Vigo como docente na preparación do profesorado no CAP e no Mestrado de Secundaria. Xubilouse da docencia en abril de 2015.
Ten colaborado en Nós Diario, La Voz de Galicia-Lemos, El Progreso-Ribeira Sacra, Faro da Cultura e Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.miniatura|Anxo González Guerra con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Manuel Castelao, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez, María Xosé Queizán, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal e César Morán. Colaborou na redacción do Dicionario da Lingua Galega-Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena, 1986). Desde 2005 coordina canda a súa muller, Vitoria Ogando Valcárcel, a páxina web ogalego.eu. Dende 2015 colabora de forma activa na Galipedia.
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.
Dende 2021 a 2023 colaborou co programa Luar da Televisión de Galicia facendo o papel de profesor de lingua galega.
Publicacións O idioma galego na poesía de Manuel Antonio (1981). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-076-0. Escolma de Manoel Antonio (1981). Con J. Ramón Pena. Santiago: Follas Novas. ISBN 84-85385-12-8.
Manuel Antonio (1982). Con Xosé Ramón Pena. A Coruña: Ed. Nós, 1982. ISBN 84-7540-004-3. Exercicios de lingua (1987). Con Vitoria Ogando. A Coruña: Ed. Vía Láctea. ISBN 84-86531-36-1. "Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12-2010. . Contos do avó Anxo para o neto Aldán (2016). Santiago: Autoedición. ISBN 978-84-16121-51-9.
Libros colectivos
Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0. O Carballo de Padroso (2026). Fundación Bieito Ledo, Ir Indo Edicións. ISBN 978-84-7680-806-1
Premios
2004: Premio á innovación educativa sobre os temas transversais da Xunta de Galicia, polo traballo Mulleres libros e internet, con Mª Ángeles Costa Giráldez e Rosario Sánchez Gabriel-Sánchez. 2013: Premio para o uso das TIC como apoio á personalización da aprendizaxe en educación secundaria, dotado con dez mil euros. Concedeuse por unanimidade ao proxecto denominado m-TIC. Programando aplicaciones con APP INVENTOR, presentado por un equipo docente do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, constituído por dona M.ª Esperanza Gesteira Losada, dona M.ª Rosario Sánchez-Gabriel Sánchez, e don Anxo González Guerra. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 2018: Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra xunto con Vitoria Ogando. 2019: Finalista na Gala do Libro Galego por ogalego.eu con Vitoria Ogando. 2022: Premio Cidade de Pontevedra xunto con Vitoria Ogando. 2023: Billó de Ouro, concedido pola Asociación Cultural e Gastronómica Luso-Galaica e o concello de Carballedo. 2024: Tangaraño de Honra en Sobradelo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas www.ogalego.eu , páxina web dedicada á lingua galega. Ficha en Galegos. Entrega do Billó de Ouro na Barrela
Categoría:Nados en Carballedo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premio Xoán Manuel Pintos Categoría:Catedráticos Categoría:Wikimedistas