miniatura|dereita|Comparación entre negativos de 4/35 mm e 15/70 mm IMAX (acrónimo de Image MAXimum) é un formato de filme e un conxunto de xeitos de proxección creados pola compañía canadense IMAX Corporation e desenvolvido por Graeme Ferguson, Roman Kroitor, Robert Kerr, e William C. Shaw. IMAX pode filmar e exhibir imaxes de maior tamaño que os sistemas convencionais.
Historia A arela de incrementar o impacto dun filme vén desde as primeiras décadas da historia do cinema. En 1929 Fox Film introduciu o sistema Fox Grandeur, primeiro en 70 mm que deseguido caeu no esquecemento. Na década de 1950 CinemaScope (1953) e VistaVision (1954) alargaron a imaxe seguindo a idea de múltiplos proxectores do Cinerama (1952), que porén, era difícil de instalar.
O primeiro filme con formato IMAX foi Tiger Child, amosado na Expo 70 de Osaca. A primeira instalación permanente foi o Cinesphere en Toronto, que se creo en maio de 1971.
O formato IMAX foi empregado tradicionalmente para aplicación específicas. Os gastos de produción e exhibición facía que os filmes fosen corenta minutos máis curtos cós convencionais. Non obstante, desde mediados da década de 1990 comezaron a exhibirse neste sistema filmes dramáticos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de IMAX.com ODEON Descrición de formatos xigantes Behind the Scenes Tour de The IMAX no Maryland Science Center IMAX Soundtracks Database
Categoría:Cinema