miniatura|Aceite de algodón. O aceite de algodón é un aceite vexetal derivado da prensa da semente do algodón.

A utilización do carozo de algodón na produción de aceite alimenticio só foi posible despois de ter sido desenvolvido un proceso industrial que permitise a retirada do forte cheiro presentado por este produto, nun proceso coñecido como desodorización.

Características O aceite de semente de algodón ten un leve sabor a castañas. Por ser refinado, normalmente ten aparencia límpida, con coloración variando entre a cor dourada clara e o amarela avermellada. Este aceite é rico en vitamina D e posúe bastante tocoferol, un antioxidante natural. Unha culler de sopa de aceite de algodón pode satisfacer nove veces a necesidade diaria do organismo en vitamina E. Entre tanto, algúns nutricionistas recomendan cautela no seu uso, pois trátase dun aceite que contén moitas graxas saturadas pouco saudábeis .

Utilización Este aceite é moi utilizado como aceite para ensaladas, en maionesas e marinados. Tamén é usado en frituras, tanto en cociñas comerciais como nas caseiras, ben como na fabricación de margarinas.

Notas

Véxase tamén Aceite de cacahuete

Categoría:Aceites e graxas vexetais