Amañecer foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1933.

Historia e características

Subtitulado Quincenario defensor de los intereses gallegos, apareceu o 6 de xullo de 1933.El Pueblo Gallego, 22-6-1933, p. 10. Dirixido por Xoán Xesús González, foi voceiro oficioso da Unión Socialista Galega. Aparecía os días 1 e 15 de cada mes. Promovido por Jesús Abruñeiras, entre os seus colaboradores figuraron Francisco Fernández del Riego, Melchor Fernández Almagro, M. Devesa, Juan Rof Codina, Eduardo Blanco Amor e Agustín Rivasar. Editábase na Editorial Nós, imprenta de Ánxel Casal. O último número conservado é o 4, que corresponde ao 1 de setembro de 1933. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela

Categoría:Prensa socialista

Categoría:1933 en Galicia