A participación de Azerbaidján no Festival da Canción de Eurovisión corre a cargo da canle pública İctimai Televiziya, que ingresou na Unión Europea de Radiodifusión en 2007, aínda que isto non lle outorgaba o dereito de participar en Eurovisión por estar fose do Área de Radifusión, o motivo do seu ingreso ao Festival é por pertencer ao Consello de Europa. Na edición de 2011 o país proclamouse campión coa canción "Running Scared", interpretada por un dúo que formaron Eldar Gasimov e Nigar Jamal.Azerbaiyán da la sorpresa y gana Eurovisión El Periódico de Catalunya, 16 de mayo de 2011

En 2007 a empresa estatal AzTV presentou unha solicitude para ingresar como membro activo, pero foi rexeitada porque estaba moi vinculada ao Goberno azerí.Azerbaijan not joining after all Esctoday, 18 de xuño de 2007 Meses despois, a televisión pública İctimai Televiziya tratou de ocupar o seu lugar, e foi aceptada como membro activo.It's official AzTV enters the 2008 Eurovision edition Oikotimes.com, 16 de outubro de 2007

Desde o seu debut, Azerbaidján sempre logrou a clasificación á final. O país debutou na edición de 2008 con "Day After Day", defendido por Elnur Hüseynov e Samir Javadzadeh. Ese ano terminou en 6° lugar na semifinal e na final conseguiron o 8° con 132 puntos.

En 2009 obtiveron o terceiro posto con Aysel e o iraniano Arash Labaf interpretando "Always", unha das favoritas daquela edición. Dous días antes na súa semifinal conseguiron o segundo lugar con 180 puntos. Un ano despois asinaron a quinta praza con Safura, a primeira solista que representaba ao país, e "Drip drop", tema que pelexou os primeiros lugares nas casas de apostas con Alemaña pero que obtería 145 puntos para pechar no top-5.

En 2011 proclamáronse campións coa balada "Running scared" cun total de 221 puntos, rompendo o récord da puntuación máis baixa dun ganador e a cantidade de máximas puntuacións máis baixa, tamén dun ganador, ambas desde a implantación da semifinal. A vitoria permitiulles ser sede da edición de 2012, que finalmente celebrouse na capital Bakú, e onde a cantante Sabina Babayeva terminou en 4º lugar con 150 puntos, por detrás da ganadora Suecia, Rusia e Serbia.

En 2013 foi seleccionado o primeiro solista masculino: Farid Mammadov. Decidiuse que participase co tema "Hold Me" e malia que un principio non era favorito, logrou tralas semanas de ensaio e a realización da semifinal, meterse aos primeiros lugares nas casas de apostas. Finalmente conseguiría a primeira vitoria para o país nunha semifinal con 139 puntos. Na final conseguiu un 2º posto, con 234 puntos e 10 máximas puntuacións, a cantidade máis grande para un país non-ganador. Finalmente na edición de 2014, tras 5 anos consecutivos no top-5, obteñen os seus peores resultados tanto na semifinal como na final, ao quedar 9° e 22° respectivamente, coa cantante Dilara Kazimova coa balada "Start a fire!", sendo ademais a primeira vez que quedan fóra do top-10.

Desde 2009, o país contratou produtores escandinavos e investiu moito diñeiro para facerse coa vitoria. Só na edición de 2010, a delegación azerí investiu máis de 1,6 millóns de euros.La televisión de Azerbaiyán gastó 1,6 millones de euros en Eurovisión 2010 Eurovision-Spain, 6 de xuño de 2010

O Festival de Eurovisión 2018 foi a primeira ocasión na que Azerbaidján non logrou clasificarse para a final do concurso.

Participacións Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts 2008 Belgrado Elnur & Samir "Day after day" 08 132 06 106 2009 Moscova AySel & Arash "Always" 03 20702180 2010 Oslo Safura Alizade "Drip drop" 05 14502113 2011 Düsseldorf Ell & Nikki "Running Scared" 01 22102122 2012 Bakú Sabina Babayeva "When the music dies" 04 150 20px 20px 2013 Malmö Farid Mammadov "Hold Me" 02 234 01 139 2014 Copenhague Dilara Kazimova "Start a fire" 22 33 09 57 2015 Viena Elnur Hüseynov "Hour of the Wolf" 12 49 10 53 2016 Estocolmo Samra "Miracle" 17 117 6 185 2017 Kíiv Dihaj «Skeletons»(Isa Melikov / Sandra Bjurman) 14 120 8 150 2018 Lisboa Aisel «X my heart»(Dimitris Kontopoulos, Tim Bran / Sandra Bjurman) Non se clasificou 11 94 2019 Israel « »( / )

12 puntos Ano País 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 Rusia

Final (2016 - ) Ano Xurado Televoto 2016 Rusia Rusia 2017 Belarús Bulgaria 2018 Albania

Notas

Véxase tamén Outros artigos Azerbaidján no Festival de Eurovisión Júnior

Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Categoría:Música de Azerbaidján