O Club Balonmán Atlético Guardés, chamado por motivos de patrocinio Mecalia Atlético Guardés, é un equipo de balonmán feminino da Guarda, fundado en 1967. Dende a tempada 2013-14 xoga na División de Honra, a máxima categoría de balonmán feminino en España. Xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal da Sangriña, con capacidade para 600 persoas.

Dende o seu ascenso á máxima categoría ocupou os postos de cabeza da clasificación, conseguindo finalizar na quinta posición na tempada do seu debut. O primeiro gran logro do club do Baixo Miño chegou na tempada 2016-17, cando se proclamou campión da División de Honra, converténdose no segundo club galego en gañar a máxima categoría do balonmán feminino español despois de que a Sociedad Hípica A Coruña se alzara co título na tempada 1961-62. Na tempada 2025-26 chegou o primeiro título continental ás vitrinas do Atlético Guardés logo de impoñerse na final da Copa Europea da EHF feminina o MŠK IUVENTA Michalovce eslovaco.

Historia miniatura|esquerda|250px|As pioneiras do Atlético Guardés en 2014. As orixes do Atlético Guardés remóntanse á tempada 1967-68, cando un equipo feminino da man de Jose Carlos Rodríguez Barros comezou a xogar no Colexio P.P. Somascos da Guarda. Na tempada 1971-72 o equipo adoptou a denominación actual, ese ano competiu na terceira categoría provincial, na que finalizou na segunda posición, o que lle permitiu xogar a fase de ascenso, logrando subir de categoría. En segunda provincial permaneceu ata a tempada 1981-82, ano no que se proclamaron campioas da categoría e conseguiron o ascenso a primeira provincial, categoría na que permaneceron ata a tempada 1984-85, cando tras conseguir o campionato conseguiron o ascenso a segunda división nacional na fase de ascenso.

Na tempada 2011-2012 o Guardés ascendeu á División de Honor, a máxima categoría de balonmán feminino en España."El Cangas y el Palmanaranja de Córdoba ascienden a la Liga Asobal", artigo en El Norte de Castilla, 27 de maio de 2012 .

No seu debut na máxima categoría a tempada 2012-2013 o equipo finalizou na quinta posición da táboa con 17 vitorias, 1 empate e 8 derrotas para un total de 35 puntos, e clasificouse por primeira vez para participar na Recopa de Europa na seguinte tempada, chegando á terceira rolda, onde foi eliminado polo Zvezda Zvenigorod de Rusia, sendo derrotado nos dous partidos da eliminatoria por 36-15 e 20-28. miniatura|dereita|O Atlético Guardés en 2014. No verán de 2013 chegou ao banco guardés o técnico navarro Manu Etayo. Nesta primeira tempada no banco do técnico navarro o equipo conseguiu mellorar na clasificación final malia colleitar máis derrotas que a tempada anterior (16 vitorias, 10 derrotas e ningún empate), alcanzando a cuarta praza con 32 puntos e clasificándose por segundo ano consecutivo para disputar unha competición europea.

Na tempada 2014-15 repetiu participación europea, de novo na Recopa, enfrontándose na terceira rolda ao Byåsen Trondheim noruegués, co que perdeu o primeiro partido por 30-25 e no segundo, disputado ao día seguinte tamén na Sangriña, por 31-35.

A finais da tempada 2015-16, logo de que o equipo caera nas semifinais da Copa da Raíña, a entidade decidi non renovar a Manu Etayo (axudante de Jorge Dueñas na selección española absoluta) considerando que era o momento de pechar un ciclo. O substituto de Etayo foi o valenciano José Ignacio Prades.

O maior logro da historia do club chegou na tempada 2016-17, cando as xogadoras do primeiro equipo, dirixidas polo valenciano José Ignacio Prades, proclamáronse campioas da máxima categoría do balonmán español, a División de Honra, logo de derrotar na súa cancha ao Granollers por 28 goles a 20. Deste xeito o club guardés convertíase no segundo equipo galego en alzar o título da máxima competición española de balonmán feminino 55 anos despois de que a Sociedad Hípica da Coruña conseguírao na tempada 1961-62.

Na tempada 2017-18 o equipo galego disputou o torneo cualificatorio para disputar a Liga de Campioas, máxima competición do balonmán feminino en Europa. O equipo de Prades encadrouse no grupo 2, quedando emparelladas no cruzamento co Thüringer HC. As guardesas perderon no partido disputado o 9 de setembro de 2017 en Nordhausen (Alemaña) por 31-21, a pesar do bo inicio do cadro da Guarda, unha seca de dez minutos sen marcar e as perdas de balón foron determinantes na derrota fronte as subcampioas da Bundesliga. No partido polo terceiro posto do grupo perderon ao día seguinte no mesmo escenario por 29 goles a 27 fronte ao Hypo Niederösterreich austríaco. Deste xeito o equipo pasaba a disputar a segunda rolda eliminatoria da Copa EHF, onde se enfrontou ao equipo ruso do Astrakhanochka, nunha eliminatoria a dobre partido disputada integramente na Guarda os días 14 e 15 de outubro, caendo derrotadas en ambos partidos por 28-25 e 33-30, despedíndose así da segunda competición continental en importancia. Na liga, o equipo conseguiu o subcampionato por detrás do Bera Bera, que cos mesmos puntos que as guardesas proclamouse campión grazas ás dúas vitorias que conseguiron sobre o equipo galego.

Na tempada 20211-22 o Guardés chegou ata a final da Copa da Raíña. O equipo do Baixo Miño clasificouse directamente para disputar a segunda rolda da competición, onde se mediu o Vinos Doña Berenguela Bolaños na eliminatoria a dobre volta, gañando por 76-37 no cómputo global. Na fase final, celebrada en Donostia, o equipo galego impúxose nos cuartos de final o KH-7 BM. Granollers (26-31), conseguindo deste xeito avanzar ata as semifinais, nas que se enfrontou o equipo organizador, o Súper Amara Bera Bera. Unha vez máis, o Guardés impúxose por 24&nbsp:goles a 20, converténdose no primeiro equipo galego de balonmán feminino en disputar unha final de copa. No partido polo título, disputado fronte o Costa del Sol Málaga, o cadro andaluz acabou impoñéndose 26-33 cunha gran actuación da porteira Merche Castellanos, que sumada aos goles de Sole López, provocaron a vantaxe malagueña, que foi demasiado para un Guardés canso polo esforzo ao contar cun cadro de xogadoras curto e que non puido contar coa lesionada Sandra Santiago.

Na tempada 2024-25 o Atlético Guardés proclamouse campión da liga regular a falta de tres xornadas grazas á vitora fronte o Costa del Sol Málaga na que o equipo galego remontou unha desvantaxe de tres goles nos últimos dous minutos de partido.

Na tempada 2025-26 o equipo acadou a Copa Europea da EHF feminina.

Pavillón dereita|miniatura|Interior do Pavillón da Sangriña na tempada 2024-25.

O Atlético Guardés xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal da Sangriña, un recinto con capacidade para 600 persoas. No verán de 2021 o pleno municipal da Guarda aprobou a remodelación do pavillón cun orzamento de 1,6 millóns de euros. Esta remodelación afectou á fachada, á creación dunha planta superior para o público, aos vestiarios, aseos, e a mellora dos accesos e a eficiencia enerxética.

Xogadoras Cadro 2017-18

2 Ana Isabel Cerqueira C

4 África Sempere Herrera 6 Estela Doiro Rodríguez C 7 Xeila Fervenza Rodríguez 9 Ana Isabel Tornero Muñoz 11 Inés Hernández Ruz 13 Rosa Elena Álvarez García 14 Alesia Kurchakova 15 Haridian Rodríguez Hernández 16 Estela Carrera Fernández 19 Anthía Espiñeira Sánchez

Máximas goleadoras en DH Tempada Goleadora Goles Partidos Posición en liga Ref. 2012-13 Alesia Kurchakova 136 24 10 2013-14 Estela Doiro 173 25 4 2014-15 2015-16 2016-17 África Sempere 131 25 11

Adestradores miniatura|250px|Manu Etayo foi o adestrador do Guardés dende 2013 ata 2016. Manu Etayo: 2013-2016 José Ignacio Prades: 2016

Palmarés 1 División de Honor (2016-17) 1 Copa Europea da EHF feminina (2025-26)

Recoñecementos O club guardés acadou ao longo da súa historia numerosos galardóns de distintas institucións:

Premio ao mellor labor do Deporte Base outorgado pola Federación Territorial nas tempadas 1997-98, 1998-99, 1999-2000 e 2000-01. Na tempada 1998-99 recibiu o Premio Anual do Mellor Club a mans da Federación Galega de Balonmán. Recibiu o Premio Anual á Promoción Feminina da Federación Galega de Balonmán na tempada 1999-2000. Nas tempadas 2000-01 e 2001-02 recibiu o Premio á Deportividade da Federación Galega de Balonmán. A Xunta de Galicia outorgoulle a distinción de Mellor Club de Galicia de Balonmán na tempada 2002-03.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

*