miniatura|Sede de Hércules de Ediciones Hércules de Ediciones é unha editorial galega creada en 1985 por Francisco Rodríguez Iglesias coa pretensión de impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. A súa sede está na cidade da Coruña.
Actividades A obra máis singular desta editorial é o Proxecto Galicia, ao redor do cal reúnense importantes intelectuais de Galicia (entre eles Xosé Ramón Barreiro Fernández, Fernando González Laxe, Xosé Manuel González Reboredo, Darío Villanueva Prieto, Xulio Correa Corredoira, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Siro López Lorenzo e, até o momento da súa morte –1996, 2003 e 2011, respectivamente–, Xosé Filgueira Valverde, Domingo García-Sabell e Francisco Javier Río Barja) e que, coas 10 series con 64 tomos editados constitúe "un empeño editorial sen precedentes en Galicia".
Hércules recibiu ao longo da súa traxectoria numerosos premios pola súa actividade empresarial, entre os que destaca especialmente a Medalla Castelao, recibida polo Proxecto Galicia no ano 2007.Érguete, 'A Nosa Terra' y Proxecto Galicia reciben las Medallas Castelao Diario El Correo Gallego, 28-06-2007.
Edita libros nos idiomas galego, castelán, portugués e inglés.
Coleccións Proxecto Galicia (Historia; Arte; Xeografía/Cartografía; Antropoloxía; Literatura; Natureza; Ecoloxía; Dereito; Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria de Galicia e Economía).
Galicia para soñar, A Grande Obra dos Camiños de Santiago, Mosteiros e Conventos da Península Ibérica, Titor Hércules, As Amizades de Hércules, Os Imperdibles de Hércules e Presente Perfecto.
Dirección En 2014 o seu cadro de persoal directivo era:
Presidente: Francisco Rodríguez Iglesias Directora: Laura Rodríguez Herrera Director xerente: Manuel Gándara Armada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Asociación Galega de Editores. Hércules de Ediciones
Categoría:Medallas Castelao Categoría:Editoriais de Galicia Categoría:A Coruña