O cruceiro de Bustelo do Monte é un cruceiro situado no lugar de Bustelo do Monte (San Xoán de Laíño, Dodro). Tanto o peto de ánimas coma o cruceiro datan do ano 1893.
Historia Mandárono construír sete homes que emigraron a Cuba cando a illa aínda era española, pois antes de partir prometeran construír un cruceiro na súa aldea se todo lles ía ben. En 1893 mandaron os cartos, e o cruceiro e o peto construíronse no lugar onde se soterraban antes os nenos e nenas que falecian sen o bautismo.
Foi feito por Andrés Castaño Fernández, coñecido como o Vello santeiro de Chave, a quen lle pagaron dezaseis onzas de ouro.
O peto de ánimas presenta na base un retablo coa Virxe do Carme e as ánimas do purgatorio esculpidos en pedra, non ten ningunha lenda, a non ser unha incrición co nome dos sete homes que o pagaron.
Véxase tamén Bibliografía
Bustelo Categoría:Dodro Categoría:1893 en Galicia