Erte..! foi un periódico publicado en Ferrol en 1933.

Historia e características Subtitulado Periódico galeguista, apareceu o 25 de marzo de 1933El Pueblo Gallego, 16-3-1933, p. 13.. Semanario bilingüe órgano do Grupo ferrolán do Partido Galeguista, estaba dirixido por Nicolás García Pereira, e o administrador era R. Valerio Caramés. Cambiou o seu subtítulo por Boletín galeguista. Entre os seus colaboradores figuraban os deputados Ramón Suárez Picallo, Alfonso Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo e outras personalidades da cultura como Ricardo Carballo Calero, Xavier Bóveda e Alexandre Bóveda, Álvaro Cunqueiro, Vicente Risco, Manuel Masdías e Camilo Fernández. Cesou a súa publicación ao extinguírense as actividades dos seus fundadores.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1933 en Galicia Categoría:Prensa escrita en lingua galega