¡¡Revolución!! foi un periódico editado en Pontevedra entre 1931 e 1932.
Historia e características Subtitulado Órgano de la Sociedad Obrera de Cultura de Pontevedra y portavoz del proletariado organizado, apareceu o 7 de novembro de 1931. Periódico semanal que aparecía os sábados editado polo Centro Obrero de Pontevedra. Na Sociedad Obrera de Cultura coexistían socialistas, comunistas e libertarios, pero dende decembro o periódico só reflicte as posicións comunistas. Nun comezo foron redactores os anarcosindicalistas Desiderio Comesaña Prado e Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, pero a partir do número 4 xa so colaboran militantes obreiros e agrarios do PCE como Manuel García Filgueira, Domingo Costas Baamonde e Manuel Gama Casalderrey. Contiña abundante información sindical.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:Prensa obreira Categoría:1931 en Galicia Categoría:Prensa comunista