Choloepus hoffmanni é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos megalorrínquidos,Choloepus hoffmanni no MSW. unha das dúas do xénero Choloepus que, á súa vez, é o único da familia.Megalonychidae en MSW.

É un animal solitario, nocturno e arborícola, que habita nas selvas de América Central e do Sur (maduras e secundarias) e en bosques caducifolios.

O seu nome específico conmemora ao naturalista alemán Karl Hoffmann.

Distribución e hábitat O Choloepus hoffmanni é atopado no dosel de selvas en dúas rexións separadas de Suramérica: unha poboación habita en Honduras oriental, do norte de Ecuador occidental ao sur, e a outra no Perú oriental, Brasil occidental, e Bolivia setentrional.

Habita en bosques tropicais a 3 300 m por riba do nivel do mar.

Subespecies As cinco subespecies recoñecidas en Choloepus hoffmanni son:

C. h. hoffmanni Peters, 1858 – Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá C. h. agustinus Allen, 1913 – Venezuela, leste de Colombia, norte de Ecuador C. h. capitalis Allen, 1913 – leste de Ecuador C. h. juruanus Lönnberg, 1942 – Brasil, Bolivia, este do Perú C. h. pallescens Lönnberg, 1928 – Perú

Vida O cortexo sexual consiste en que a femia lambe a cara do macho mentres frega os seus xenitais contra o corpo deste. A xestación dura entre 355 e 377 días,Gilmore, D. P.; Da Costa, C. P. & Duarte, D. P. F. (2000): "An update on the physiology of two- and three-toed sloths". Brazilian Journal of Medical and Biological Research, 33 (2): 129-146. e dá lugar ao nacemento dun só individuo novo.

Choloepus hoffmanni alcanza a madurez sexual entre os dous e os catro anos de idade, e viven ata os 32 anos en catividade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nowak, R. (1999): Walker's Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. Vizcaíno, S. & W. Loughry (2008): The Biology of the Xenarthra. Gainsville, Florida, USA: The University Press of Florida. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference' 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.

Outros artigos

Mamíferos Desdentados Xenartros Pilosos Megalorrínquidos Choloepus

Ligazóns externas Choloepus hoffmanni na ADW. Con abundantísima información, imaxes e referencias bibliográficas Choloepus hoffmanni na EOL. Con información, numerosas imaxes e 4 mapas de distribución .

Categoría:Placentarios