Victorino Abente Lago, nado en Muxía o 2 de xuño de 1846 e finado en Asunción o 22 de decembro de 1935, foi un escritor galego aveciñado en Paraguai. Malia ser galego, a súa vida e obra identifícanse con Paraguai dende o momento da súa chegada en marzo de 1869, cando as tropas brasileiras e arxentinas ocuparon o país.
Traxectoria Fillo do médico Leandro Abente Chans. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela coma seu irmán Ezequiel Abente y Lago. Sendo destinado a sacerdote pola familia, aos 20 anos fungouse da casa embarcando como polisón rumbo a Cuba. De alí marchou a Buenos Aires e en 1869 emigrou a Paraguai. En 1870 comezou a colaborar co periódico paraguaio El Pueblo, onde asinaba unha sección titulada "Mesa revuelta". Volveu a Galicia a principios dos anos oitenta, onde publicou o poema "Volta prá Terra" e a lenda en verso La novia del marinero e naceu en Muxía a súa filla Balbina. Volveu en 1907 con intención de radicar en Muxía e casou a súa filla máis nova, Balbina, co seu sobriño, o poeta Gonzalo López Abente. Ao cabo dun ano faleceu a súa filla ao dar a luz e Victorino regresou definitivamente a Paraguai.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1909.
Obras Poemas satíricos y gozosos, 1887. La novia del marinero, A Coruña, 1882.
A súa obra dispersa foi recompilada por un neto, e publicouse en 1984 nun volume titulado Antología poética: 1867-1926.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "Victorino Abente y Lago, de Muxía a poeta esencial en Paraguay" La Voz de Galicia, 24/5/2014.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Paraguaios de ascendencia galega Categoría:Galegos de Paraguai Categoría:Nados en Muxía Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega