Tourís é un lugar da parroquia de Sorribas no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 105 habitantes (55 homes e 50 mulleres), o que supón un aumento con respecto a 2013, cando tiña 102 habitantes.

miniatura|264x264px|Fonte de Tourís

Etimoloxía Tourís pertence a un grupo de topónimos xermánicos con terminación -riz, como Allariz, Guitiriz ou Mondariz. O intercambio de -z por -s débese ao seseo existente na zona.

Pozos Normalmente, cada persoa da aldea tiña o seu pozo particular, os cales se fixeron hai ao redor duns trinta anos. Á parte dos pozos, todas as persoas da aldea tiñan a auga da traída. Esta viña da mina do monte Fichurio, feita hai uns cincuenta anos, de onde actualmente segue vindo.

A roupa íase lavar ao lavadoiro da aldea, xunto á fonte.

Colleitas A maioría das persoas da aldea traballaban as súas leiras nas que plantaban centeo, millo, patacas e fabas. O millo gardábase nos hórreos, para que as espigas secasen. Logo de que secasen durante todo o inverno, debullábanse, e o gran restante moíase.

O centeo apañábase unha vez ao ano, a finais de maio ou en xuño. Os utensilios que se utilizaban para recollelo eran o fouciño, e máis tarde a gadaña. Unha vez recollido, atábase nuns mollos para que secasen durante un mes, ata que despois se lle sacaba o gran e a palla. A palla utilizábase de alimento para os animais e o gran, para moer.

Para moer estes cereais, cada persoa ía o múiño do Cubo e o muíño do Pontello. Como tiñan que ir todos os habitantes da aldea, organizábanse en quendas de día e de noite para moer. Isto perdurou ata que se empezaron a comprar múiños eléctricos particulares.

San Xoán Na noite do San Xoán, a xente de toda a aldea reuníase no monte de Tourís, para facer a fogueira e a sardiñada. Sempre se tiña que saltar a fogueira para botar as meigas fóra, e se non se facía, dicíase que daba mala sorte. Ademais da festa, os rapaces da aldea na noite anterior dedicábanse a facer trasnadas, como levar os carros das casas e sacar os portais.

Misa A misa celebrábase cada domingo na igrexa de San Tomé de Sorribas. As mulleres da aldea tiñan que levar un pano cubrindo a cabeza e unha touca nos ombros. As mulleres que estaban gardando o loito, tiñan que ir vestidas totalmente de negro, coa touca e o pano negros, e con medias.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Sorribas

Parroquias de Rois

Categoría:Lugares de Rois