Xplora foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT. Comezou as súas emisións regulares o 1 de maio de 2012 e cesounas o 5 de maio do 2014 na televisión en aberto.En novembro lanzarase laSexta3, a terceira canle en aberto, que se dedicará en exclusiva á ficción. Durante un mes, ata o 5 de xuño do 2014, Xplora emitiuse en Internet a través de Atresplayer. A súa oferta estaba baseada en documentais internacionais.

Historia O 4 de febreiro de 2012, José Miguel Contreras desvelou, na rede social Twitter, unha nova canle en substitución de laSexta2, cun novo nome e cun modelo de grellas diferentes.

O 12 de marzo comunicouse que laSexta2 se transformaría nunha canle de documentais, tendo a Discovery Max como principal competidor.

O 1 de maio Xplora comezou as súas emisións cun 1,2% de share no seu primeiro día, superando a MTV e a Energy. Ademais, desde o primeiro momento, Xplora ofrece toda a súa programación en directo a través de Internet.José Miguel Contreras: "Nadie va a poder ofrecer una selección de documentales mejor que Xplora"

Alén disto, antes de decantarse por transformar laSexta2 nunha canle de documentais, o grupo barallou a posibilidade de convertela nunha canle infantil, recuperando a marca Megatrix. No entanto, esta opción foi descartada ó considerar que xa existían demasiadas canles dirixidas ós nenos ou mozos, como Disney Channel, Clan e Boing, o cal supoñería maior dificultade para atoparlle un oco rendible.

A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.El Supremo ordena el cierre de nueve canales de TDT¿Por qué van a desaparecer en un mes 9 canales de su televisor?laSexta3, Xplora, Nitro, Nueve y LaSiete echarán el cierre

Porén, Xplora continou as súas emisións a través de Internet en Atresplayer durante catorce horas ao día.

Finalmente, Xplora cerrou as súas emisións online o 5 de xuño de 2014, despedíndose dos seus espectadores definitivamente. Desde ese momento, moitos dos seus contidos puideron seguir véndose a través das canles de Atresmedia e na sección de documentais de Atresplayer

Programación Xplora era unha canle dedicada ós documentais en todos os xéneros: culturas, o noso mundo, tecnociencia, natureza, historia... con producións norteamericanas e británicas de cine documental e documentais de telerrealidade. Para iso, a canle contaba con títulos de especialistas en documentais como BBC, National Geographic, History Channel, HBO, Zodiak, Fremantle, Cineflix ou Rive Gauche, que foron algúns dos provedores de Xplora.Xplora contará con documentales de BBC, National Geographic o HBO

Aínda que ó principio a canle só emitía documentais, a súa programación tamén incluíu programas de telerrealidade. Os seus programas máis emblemáticos foron:

Cazadores de coches. Cazadores de fantasmas. Cazatesoros. Cuerpos Embarazosos. El jefe infiltrado. Empeños a lo bestia. Empeños a lo bestia: Chicago. Guerreros del motor. La casa de empeños. Los cazadores del pantano. Los restauradores. Millonario anónimo. Pesadilla en la cocina.

O último documental que emitiu Xplora foi Empeños a lo bestia, un dos documentais máis vistos da devandita canle.

Audiencias Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS. Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.

XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroMedia anual2012----1,1%**</span>1,1%1,5%1,4%1,2%1,3%1,6%1,6%1,3%20131,5%1,5%1,6%1,6%1,7%1,8%1,9%2,0%*1,7%1,6%1,6%1,6%1,7%20141,7%1,6%1,5%1,7%0,3%-------1,6%

* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.

Notas

Categoría:Canles de Atresmedia Categoría:Cadeas de televisión desaparecidas de España