A liquenina, tamén chamada liquenano ou amidón de musgo, é un polisacárido complexo formado por unidades de glicosa (un glucano), que se encontra en varias especies de liques. Pode extraerse da Cetraria islandica, que recibe o nome de "musgo" de Islandia, polo seu parecido superficial cos musgos, pero que en realidade é un lique. Foi estudada desde 1957. Quimicamente a liquenina é un polímero lineal formado por residuos de glicosa unidos por enlaces glicosídicos β-1,3 e β-1,4.
É un importante carbohidrato para a alimentación dos renos e os esquíos voadores do norte (Glaucomys sabrinus), que se alimentan do lique Bryoria fremontii.
Para extraela do "musgo" de Islandia, este dixírese nunha disolución débil fría de bicarbonato de sodio durante algún tempo, e despois férvese. Así, a liquenina disólvese e ao arrefriar sepárase como unha xelatina incolora. Non pode tinguirse con iodo, a diferenza doutros polisacáridos.Parte do texto procede da publicación en dominio público de Gilman, D. C.; Thurston, H. T.; Moore, F., eds. (1905). "Lichenin". New International Encyclopedia (1st ed.). New York: Dodd, Mead.
Notas
Categoría:Polisacáridos