Siarhiej HajekTamén como (Jan) Sergiusz Gajek. (en belaruso Сяргей Гаек), nado como Jan Gajek o 8 de febreiro de 1949 en Łyszkowice, no condado de Łowicz . (dende 1999 parte do voivodato da Pequena Polonia, Polonia) é un sacerdote católico polaco, visitador apostólico para os grecocatólicos no territorio de Belarús.

Traxectoria Naceu nunha familia católica latina de Łyszkowice, na Polonia central, e fixo os estudos básicos no mesmo lugar.

En agosto de 1967 Hajek uniuse á Congregación dos Padres Marianos. Entre 1967 e 1974 estudou na Universidade Católica de Lublin. A finais da década dos sesenta, comezou a participar en actividades do clero belaruso no exilio. Tivo contacto co centro cultural e relixioso belaruso en Londres, incluíndo co bispo Časlaŭ Sipovič e co sacerdote Robert Tamushanski. En 1973 foi ordenado sacerdote e exerceu durante varios anos na parroquia de Głuchołazy.

Durante os dous anos seguintes estudou na Facultade de Teoloxía da Universidade Católica de Lublin, e posteriormente foi enviado a Roma, onde estudou no Pontificio Instituto Oriental entre 1978 e 1983. En novembro de 1983 Hajek doutorouse e volveu a Polonia, traballando até 1999 na Universidade Católica de Lublin.

Visitador apostólico en Belarús En 1994 o papa Xoán Paulo II nomeouno visitador apostólico para os grecocatólicos en Belarús. En 1996 Hajek foi nomeado arquimandrita e membro correspondente da Pontificia Academia de María. En 1997 converteuse en asesor da Congregación para as Igrexas Orientais, e en 2014 foi confirmado en dito cargo por Francisco. .

Obra escrita

Fotografías

Notas Notas

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na páxina web do Centro Grecocatólico San Xosé de Minsk

Categoría:Nados no voivodato de Łódź Categoría:Nados en 1949 Categoría:Sacerdotes católicos de Polonia Categoría:Sacerdotes católicos de Belarús Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica bizantina belarusa Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI Categoría:Marianos da Inmaculada Concepción Categoría:Relixiosos católicos de Polonia Categoría:Escritores en lingua polaca Categoría:Escritores de Polonia Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Oriental Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lublin Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais