Torroella de Montgrí é un municipio da comarca do Baix Empordà, na provincia de Xirona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España. Está situado na metade norte da Costa Brava, entre os municipios costeiros de L'Escala e Pals.

Xeografía

Torroella de Montgrí está situado na Costa Brava e limita ao leste co mar Mediterráneo. O núcleo de Torroella está no interior e a localidade máis poboada do concello situada na costa é L'Estartit. O municipio limita con L'Escala polo norte, Bellcaire d'Empordà polo noroeste, Ullà polo oeste, Fontanilles e Gualta polo suroeste, e Pals polo sur.

Hai dous elementos que caracterizan o territorio do municipio: o macizo do Montgrí, na metade norte, e a chaira do Baixo Ter, na metade sur. O primeiro é compartido con outros municipios, aínda que a maior parte do macizo atópase no termo de Torroella. O segundo, dominado por cultivos, está cheo de masías. Tamén pertencen ao concello as illas Medes, situadas a 1 km do núcleo de L'Estartit. Recentemente creouse o Parque Natural do Montgrí, as Illas Medes e o Baixo Ter para protexer o valor natural dos hábitats desta zona.

Demografía As entidades de poboación do municipio son: Torroella de Montgrí, L'Estartit, Cala Montgó, L'Abolleria i Sobrestany e as urbanizacións de Les Dunes, El Mas Pinell-la Gola, La Torre Gran i l'Estartit Residencial, la Torre Moratxa e Els Griells-La Platera.

Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2013 3.543 4.264 4.400 5.1755.5998.45411.472

Lugares de interese

As Illas Medes, situadas na costa de L'Estartit e consideradas Zona Especialmente Protexida de Importancia para o Mediterráneo (ZEPIM). Ponte sobre o Ter, murallas e núcleo medieval en Torroella. Castelo de Montgrí, inacabado, do século XIV, situado no cume do Montgrí. Igrexa de L'Estartit Gola do Ter, na desembocadura do río Ter. Dunas de area ao suroeste do Montplà. Calas situadas entre L'Escala e L'Estartit.

Festividades Festa maior de Sant Genís, o 25 de agosto. Mercado semanal os luns. Feira de Sant Andreu, a última fin de semana de novembro, é unha das máis antigas de Cataluña, con máis de 600 anos de historia.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial do concello de Torroella de Montgrí Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya