miniatura|Minivac 601, ordenador dixital electromecánico creado por Claude Shannon. Claude Elwood Shannon, nado en Petoskey (Míchigan) o 30 de abril de 1916 e finado o 24 de febreiro de 2001, foi un enxeñeiro electrónico e matemático estadounidense, lembrado como «o pai da teoría da información».
Shannon é recoñecido por fundar o campo da teoría da información coa publicación de Unha teoría matemática da comunicación, que supuxo un fito en 1948. é quizais igualmente coñecido por sentar as bases da teoría do deseño do ordenador dixital e o circuíto dixital en 1937. Con 21 anos se encontraba realizando o seu mestrado no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e coa súa tese demostrou que as aplicacións electrónicas de álxebra booleana podían construír calquera relación lóxico-numérica. Shannon contribuíu tamén ao campo do criptoanálise para a defensa nacional durante a segunda guerra mundial, entre os que se inclúen traballos sobre o descifrado de códigos e seguridade nas telecomunicacións.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Número de Shannon
Ligazóns externas Páxina web sobre Una teoría matemática de la comunicación.
Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Míchigan Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América