Francisco Rodríguez Gacía, coñecido como Pancho Rodríguez, nado en Lourido (Salvaterra de Miño) en 1884 e finado no mesmo concello o 3 de setembro de 1911, foi un agrarista galego.

Traxectoria Emigrante retornado da Arxentina. Dono dunha tenda de ultramarinos en Lourido. Foi o fundador da Sociedad Agraria de Lourido, unha das primeiras agrarias da comarca do Condado. Foi presidente da Unión Campesina de Fornelos. O 2 de setembro de 1911 o secretario do Concello de Salvaterra de Miño, José Ramón Alonso Álvarez e os seus tres fillos (Germán, Manuel e José), dispararon sobre el e faleceu ao día seguinte.El Diario de Pontevedra, 4-9-1911, p. 2. O seu asasinato foi considerado un crime político polos agraristas.El Tea, 9-9-1911, p. 2-3.

Recoñecementos

Na Segunda República puxéronlle o seu nome á rúa onde foi asasinado. Na ditadura franquista as autoridades volveron cambiar o nome da rúa polo que ten actualmente: Ramón y Cajal. O bisneto de Pancho, Nicolás Vigarelli, promove unha campaña para devolverlle o nome á rúa.Las firmas para recuperar la memoria (y la calle) de Pancho Rodríguez Vida persoal

Casou con Encarnación Rodríguez Andrés e foi pai de Basilisa, Manuel e Jesusa Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas O asasinato de Francisco Rodríguez “Pancho” El crimen de Francisco Rodríguez "Pancho" Rúa Pancho

Categoría:Galegos da Arxentina

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Nados en Salvaterra de Miño Categoría:Nados en 1884

Categoría:Finados en 1911 Categoría:Asasinatos en Galicia