Cryptograms é o segundo álbum da banda estadounidense de indie rock Deerhunter, publicado o 29 de xaneiro de 2007 a través do selo Kranky Records. Tras o lanzamento en 2005 do seu álbum de estrea Turn It Up Faggot, Deerhunter comezou a gravar material para o seu seguinte traballo no estudio Rare Book Room de Nova York. Estas sesións de gravación iniciais non saíron adiante debido ao estado físico e mental do cantante Bradford Cox, ademais de problemas co funcionamento do equipamento do estudio. A banda regresou a Atlanta, realizando un segundo intento só tras ser animados polos membros de Liars. A versión final de Cryptograms gravouse en dous días separados por meses, dando como resultado dúas partes musicalmente distintas (a primeira máis ambiental e a segunda con máis elementos pop). Cryptograms foi polo xeral ben recibido pola crítica, e varias publicacións situárono nas súas listas dos mellores álbums de 2007.
Listaxe de cancións Música composta por Moses Archuleta, Bradford Cox, Josh Fauver, Colin Mee e Lockett Pundt, agás onde se indique. "Intro" – 2:50 "Cryptograms" – 4:17 "White Ink" – 4:59 "Lake Somerset" – 3:49 "Providence" – 4:08 "Octet" – 7:50 "Red Ink" – 3:40 "Spring Hall Convert" – 4:29 "Strange Lights" – 3:38 (música de Lockett Pundt) "Hazel St." – 3:48 "Tape Hiss Orchid" – 1:12 "Heatherwood" – 3:37
Categoría:Álbums de Deerhunter Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums de Kranky Records