Júlio César Soares de Espíndola, máis coñecido como Júlio César, nado en Duque de Caxias, Estado do Río de Xaneiro, o 3 de setembro de 1979, é un futbolista internacinoal brasileiro que xoga como gardameta para o SL Benfica.

En 2009, a Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS) nomeouno como o terceiro mellor gardameta do mundo, atrás só de Iker Casillas e Gianluigi Buffon,IFFHS: Top 10 Goalkeepers of 2009 sendo tamén premiado como o mellor gardameta do campionato italiano en 2009 e 2010. No ano 2009 foi nomeado para o Balón de Ouro, rematando finalmente como vixésimo primeiro nas votacións, sendo o segundo mellor gardameta da lista só detrás de Iker Casillas, que rematou décimo sexto.

Despois de ser moi criticado no Brasil e nos seus clubs por algunhas actuacións desafortunadas, o 28 de xuño de 2014 foi o heroe do partido de oitavas de final entre Brasil e Chile da Copa do Mundo de 2014, tras salvar ao seu equipo de caer eliminado nos penaltis.

Notas

Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Chievo Verona Categoría:Xogadores do Queens Park Rangers FC Categoría:Xogadores do Toronto FC Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados no estado do Río de Xaneiro Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA