Paul Labile Pogba, nado en Lagny-sur-Marne (Sena e Marne, Illa de Francia) o 15 de marzo de 1993, é un futbolista profesional francés que xoga como centrocampista para a Manchester United FC da Premier League. Pogba foi descrito polo Manchester United, como un xogador "potente, hábil, e creativo" que ten "olfacto de gol e predilección polo espectáculo". Despois do seu traspaso á Juventus, gañouse o alcume de Il Polpo Paul ("O polbo Paul") polas súas longas pernas que semellan tentáculos ao correr. Recibiu o premio Golden Boy de 2013 como mellor xogador europeo sub-21. No ano 2018 gañou o mundial con Francia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Transfermarkt Perfil no sitio web oficial do Chelsea
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados no departamento de Sena e Marne Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial