Dejan Lovren, nado en Zenica o 5 de xullo de 1989, é un futbolista profesional croata que xoga de defensa central no FC Zenit San Petersburgo. Ademais, é internacional coa selección de Croacia.

Traxectoria Club Lovren comezou a súa carreira nas categorías inferiores do NK Karlovac, e fichou polo Dinamo Zagreb en 2004. Debutou co primeiro equipo do Dinamo o 10 de xuño de 2006 nun partido de liga contra o Inter Zaprešić. O 17 de xullo de 2007 foi cedido ó Inter Zaprešić por dúas tempadas, e no seu retorno ó Dinamo converteuse nun habitual do seu once titular.

En xaneiro de 2010, Lovren fichou polo Olympique de Lión francés a cambio de 8 millóns de euros e 1.5 millóns por variables, e asinou un contrato por catro anos e medio.

O 14 de xuño de 2013, Lovren fichou polo Southampton F.C. inglés a cambio dunha cantidade aproximada de 8.5 millóns de libras.

Palmarés Club Dinamo Zagreb Liga croata (2): 2005–06, 2008–09 Copa croata (1): 2009

Inter Zaprešić Segunda División de Croacia (1): 2006–07

Olympique de Lión Copa francesa (1): 2012

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no cantón de Zenica-Doboj Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do NK Dinamo Zagreb Categoría:Xogadores do NK Inter Zaprešić Categoría:Xogadores do Olympique de Lión Categoría:Xogadores do Southampton FC Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do FC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022