Palau-solità i Plegamans é un municipio catalán da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, formado polas antigas parroquias de Plegamans e Palau-solità. Entre 1939 e 2000 o nome do municipio era Palau de Plegamans.
Xeografía O municipio limita coa comarca do Vallès Oriental. Está situado a 11 km de Sabadell, 13 de Granollers e a 25 km de Barcelona.
Limita ao norte con Caldes de Montbui e Lliçà d'Amunt, polo leste con Lliçà de Vall e cun enclave histórico de Montcada i Reixac, ao sur con Mollet del Vallès e Santa Perpètua de Mogoda e polo oeste con Polinyà e Sentmenat.
O municipio ten unha extensión de 15,06 km² e encóntrase unha altitude de 140 metros sobre o nivel do mar. Xeoloxicamente está situado entre a Cordilleira Litoral e a Prelitoral, na denominada depresión do Vallès-Penedès, configurando un territorio basicamente plano na súa parte central e con pequenas serras que se estenden en dirección norte-sur nos extremos do territorio. Na súa parte central e na mesma dirección que as serras, flúe a riera de Caldas, na que desembocan a riera de Sentmenat e o torrente de Can Duran.
Demografía A poboación do municipio está concentrada en varias entidades de poboación: Palau-solità i Plegamans, El Carrer de Dalt, la Pineda i la Plana de l'Alzina, Can Falguera i els Turons, La Sagrera, El Carrer de Baix i la Plana de Can Periquet, Can Cortès i la Pedra Llarga, Can Riera, El Castell i la Tenda Nova, Montjuïc, Polígon industrial de la Riera de Caldes, Can Maiol e Can Perera i Can Valls.
Lugares de interese Campus Arqueolóxico da Fundación Clos (Masía de Can Maiol) Capela románica de Sant Genís Casa da cultura (Masía de Can Cortès) Casa Folch Castelo de Plegamans Igrexa Parroquial de Sant Genís Igrexa parroquial de Santa Maria de Palau-solità Museo do pesebrismo (Masía Can Malla) Menhir da Pedra Llarga Masía do Forn de Vidre Parque de l'Hostal del Fum
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona