Cos termos Estado borgoñón ou Estados borgoñóns desígnanse a todas as posesións adquiridas polos duques de Borgoña e os seus herdeiros durante case dous séculos, entre 1363 e 1559.Henri Pirenne, The formation and constitution of the Burgundian State (fifteenth and sixteenth centuries), en American historical review, t. XIV, n°3, 1909.

Este Estado foi unha importante potencia na Baixa Idade Media e no Renacemento, e un exemplo de construción dun estado no século XV, pasando de ser un pequeno estado a constituír o primeiro e moderno reino creado en Occidente durante trescentos anos.

Subsistiu en Flandres no século XVI até a guerra dos Oitenta Anos.

Este conglomerado de territorios carecía dun título singular que expresara a idea de unidade política, pero de entre todos destaca o de duque de Borgoña, xa que o titular do ducado era o Grande Mestre e Xefe Soberano da Orde do Vélaro de Ouro, de aí o feito de que, unha vez perdido o territorio propiamente ducal, se seguira mantendo o título, dado o seu prestixio.The most illustrious order of the Golden Fleece, por Guy Stair Sainty.

Formación e apoxeo do Estado borgoñón A dinastía Valois En 1363, Filipe o Atrevido, cuarto fillo do rei Xoán II de Francia, recibiu do seu pai o ducado de Borgoña como feudo. En 1369 Filipe casou coa condesa Margarita III de Flandres, herdeira do condado palatino de Borgoña, e tamén dos condados de Artois, Flandres, Nevers e Rethel. E así, en 1384, titulouse deste xeito:

Inaugurouse así unha política matrimonial seguida polos seus sucesores, que construíron o Estado borgoñón. En 1385 Filpe casou aos seus fillos Xoán sen Medo e Margarida con senllos fillos do duque Alberte I de Baviera, tamén conde de Holanda (con Frisia), de Zelandia e de Hainaut, preparando así a unión dinástica ao Estado borgoñón.

Tras a derrota de Agincourt, en 1415, Xoán sen Medo, contrario aos armagnac, aproximouse aos ingleses, do que resultou o seu asasinato nunha entrevista co delfín Carlos. Sucedeuno finalmente o seu fillo Filipe o Bo, que completou a súa alianza cos ingleses polo tratado de Troyes (1420), no que se desherdaba ao delfín en beneficio do fillo do rei de Inglaterra, o futuro Henrique VI; desta maneira foise conformando o poder e a influencia que tiñan os territorios rexidos polo duque de Borgoña.

miniatura|Francia en 1435 e, en vermello máis intenso, os territorios franceses do duque de Borgoña Filipe III o Bo.

En 1421 Filipe III titulábase «Filipe, duque de Borgoña, conde de Flandres, de Artois e palatino de Borgoña, señor de Salins e de Malinas». Durante a guerra dos Cen Anos, Filipe III herdou de varios primos e apropiouse de varios territorios nos Países Baixos: incorporou ao ses dominios Namur, por compra, en 1429; os condados de Hainaut, Holanda (co señorío de Frisia) e Zelandia, en 1432, por conquista; os ducados de Brabante e de Limburgo, en 1430, por herdanza; e o ducado de Luxemburgo, en 1443, por compra, aínda que dita operación non foi recoñecida até 1467 por Isabel de Austria, esposa de Casimiro IV de Polonia e Lituania.

Estas adquisicións foron confirmadas no tratado de Arrás (1435) por Carlos VII de Francia a cambio de recoñecelo como rei de Francia fronte ás aspiracións inglesas, o cal manifesta a influencia e poder territorial do duque de Borgoña dentro de Francia.

Filipe o Bo morreu en 1467, e os títulos do seu fillo Carlos o Temerario, en 1467, reflicte ben o crecemento do poder territorial da dinastía borgoñoa:Charles the Bold Last Duke Of Burgundy, 1433-1477, Ruth Putnam (1908)

O duque Carlos o Temerario lanzouse a unha política de creación dun reino borgoñón, para o que intentou procurar a vinculación entre as terras propiamente borgoñoas ("pays de par-delà") e as terras neerlandesas do norte ("pays de par-deça"). Isto levouno a unha confrontación co rei Lois XI de Francia, que se intensificou a partir da humillación que lle infrixiu co tratado de Péronne de 1468; por outra parte, en 1473, nun encontro en Tréveris co emperador Frederico III, para concertar o matrimonio da súa filla María co fillo de Frederico III, Maximiliano, intentou ser coroado rey,Memorias de la Real Academia de la historia, Tomo VI (1821) pero as negociacións interrompéronse bruscamente, quizais debido ás intrigas do rei de Francia,Das kommt mir Spanisch vor, Klaus Herbers & Nikolas Jaspert (2004) non sen antes recoñecer a Carlos a investidura dos ducados de Güeldres e de Zutphen.

A pesar de non conseguir o título de rei, Carlos proseguiu a súa política expansiva conquistando os territorios que separaban as dúas zonas (ambas as Borgoñas ao sur, e Flandres ao norte). A súa loita contra as cidades alsacianas e a ocupación da Lorena, propiciou a unión dos seus veciños na Liga de Constanza e, coa neutralización dos ingleses polo tratado de Picquigny (1475), foi derrotado e morto na batalla de Nancy, en xaneiro de 1477.

Territorios do Estado borgoñón 300px|miniatura|Francia en 1477, cos territorios borgoñóns en amarelo.As liñas vermellas marcan as fronteiras con España e co Sacro Imperio.

No seu apoxeo, en 1477, o Estado borgoñón abarcaba os seguintes territorios: Ducado de Borgoña Condado de Charolais Condado de Mâcon Ducado de Brabante Señorío de Malinas Ducado de Limburgo Ducado de Luxemburgo Condado de Flandres Condado de Artois Franco Condado (Condado de Borgoña) Señorío de Salins Condado de Hainaut Condado de Holanda Señorío de Frisia Condado de Zelandia Condado de Namur Ducado de Güeldres Condado de Zutphen

Crise territorial: fin da dinastía Valois e chegada dos Habsburgo miniatura|Filipe o Fermoso. O rei Lois XI de Francia, aproveitando a conxuntura da morte do duque Carlos o Temerario, invadiu as dúas Borgoñas, Artois e a Picardía, territorios da súa afillada a herdeira de Carlos, a duquesa María de Borgoña. Desta forma, a duquesa tivo que aceptar a restitución dos privilexios suprimidos nos Países Baixos polo Gran Privilexio en febreiro de 1477, o que destruía o labor centralizador dos dous duques anteriores. Para contrarrestar a ofensiva francesa, casou en agosto de 1477 co arquiduque Maximiliano, da casa de Habsburgo, vinculación que duraría tres séculos.

En 1482 morreu a duquesa e o seu herdeiro, Filipe o Fermoso era menor de idade. Dado que na guerra no había progresos, e demais que o seu viúvo Maximiliano vía discutida a súa autoridade nos Países Baixos, Maximilano acordou o tratado de Arras co rei Lois XI, polo que recoñecía ao rei francés a posesión do ducado de Borgoña (revertido ao dominio real ao extinguirse o apanage), Picardía (ocupada por Carlos o Temerario desde 1472), e a posesión dos condados de Borgoña e de Artois como dote do matrimonio da súa filla Margarida co delfín Carlos.Le récit au jour le jour sur la Bourgogne et la Franche-Comté, Gilles Maillet Lois XI morreu ao ano seguinte e, debido a que a rexente de Francia Ana de Francia anulou o acordo matrimonial e que o rei Carlos VIII tiña proxectos de invasión de Italia, asinouse finalmente a paz no tratado de Senlis (1493), devolvendo os franceses o Franco Condado e Artois aos borgoñóns, e aceptando os borgoñóns a suzeranía francesa sobre Artois e Flandres.

En 1493 Filipe o Fermoso xa era maior de idade e os seus títulos en 1495 mostran as súas posesións territoriais en Borgoña e nos Países Baixos:

Coa excepción de Artois e Flandres (que eran feudos franceses), o resto de territorios pertencían ao Sacro Imperio.

Polo seu matrimonio coa filla dos Reis Católicos e futura raíña Xoana I, posibilitou a vinculación dos territorios borgoñóns coa coroa española.

Reconfiguración do Estado borgoñón: o círculo de Borgoña

miniatura|300px|Os círculos imperiais ao comezo do século XVI. En verde, o círculo de Borgoña.

Co sucesor de Filipe o Fermoso, Carlos, emperador do Sacro Imperio e rei de España, produciuse a estabilización e organización do territorio dentro da nova situación internacional dos Habsburgo en oposición a Francia.

A nivel territorial, en 1521 conquistou a cidade de Tournai, que se incorporou a Flandres. En 1523/1524, despois de anos de guerra, Carlos foi aceptado como señor de Frisia (tras comprar os seus dereitos ao duque Xurxo o Barbudo, de Saxonia-Meissen en 1515). En 1528 comprou o bispado de Utrecht (que incluía Utrecht e Overijssel) polos tratados de Schoonhoven e Gorinchem.Holland under Habsburg Rule, 1506–1566, James D. Tracy. En 1536 conquistou Groninga con Ommelanden e Drente e, en 1543 o ducado de Güeldres con Zutphen polo tratado de Venlo.

A nivel institucional, en 1512 o emperador Maximiliano I, creou o Círculo imperial de Borgoña, que englobaba este conglomerado de territorios, o denominado Estado borgoñón, que os Habsburgo herdaron dos duques borgoñóns Filipe o Bo e Carlos o Temerario, e dos seus sucesores.

En 1529, o emperador Carlos V acordou a paz de Cambrai co rei de Francia Francisco I, pola que o rei francés renunciaba á soberanía sobre os condados de Flandres e Artois, e o emperador renunciaba ao territorio específico do ducado de Borgoña (perdido en 1477), pero non ao título ducal xa que do mesmo derivaba ser o Gran Mestre e Xefe Soberano da Orde do Vélaro de Ouro. Desta maneira produciuse a definitiva desvinculación respecto a Francia. Finalmente, en 1548, Carlos V determinou na convención de Augsburgo, o status destes territorios do Estado borgoñón dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico, pero sen chegar a unificarse.

Unha maior cohesión do círculo de Borgoña estableceuse coa Pragmática Sanción de 1549, pola que só os territorios dos Países Baixos ("pays de par-deça") foron declarados unha entidade territorial indivisible, as Dezasete Provincias, que se herdaría polo mesmo monarca (Señor dos Países Baixos: Heer der Nederlanden).

O círculo de Borgoña comprendía os seguintes territorios: