A Maragatería é unha comarca española situada na zona central da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León, que reúne varias subcomarcas denominadas a Alta e a Baixa Maragatería e, dentro destas, a vella zona tradicional da Somoza. A súa capital é Astorga.
Xeografía Limita ao norte coa comarca de La Cepeda, ao sur coa comarca de La Valduerna, ao oeste coa comarca do Bierzo e a da Cabreira, e ao leste con La Vega del Tuerto e La Valduerna.
Concellos miniatura|dereita|250px|Construcións típicas da Maragatería, en Valdespino de Somoza. Os municipios que conforman a Maragatería son os seguintes: Astorga Brazuelo Lucillo Luyego Santa Colomba de Somoza Santiago Millas Val de San Lorenzo
A súa capital económica é a cidade de Astorga. A capital da Alta Maragatería actualmente está en Santa Colomba de Somoza, mentres que a capital da Baixa Maragatería está en Santiago Millas. A capital relixiosa está en Luyego de Somoza, lugar onde se encontra a patroa dos maragatos, a Virxe dos Remedios, se ben o bispado se encontra na cidade de Astorga.
Véxase tamén Ligazóns externas Astorga e a Maragatería A comarca da Maragatería
Categoría:Comarcas da provincia de León Categoría:Xeografía da provincia de León