Orotz-Betelu (en castelán e tamén oficial: Oroz-Betelu) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Auñamendi e a 45 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 165 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e a súa densidade de poboación é de 7,03 hab./km².

Símbolos O escudo de armas do lugar de Orotz-Betelu ten o seguinte brasón:

As palmas simbolizan a fidelidade no cumprimento do deber e proceden da parroquia de San Adrián onde figuraba gravado no seu retablo. Foi adoptado no ano 1845 ó separarse val de Arce e até esa data empregou o escudo dese val.

Xeografía Situación A localidade de Orotz-Betelu está situada na parte norte de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica de Auñamendi; e a unha altitude de 599 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e limita polo norte co concello de Garralda, polo leste co de Garaioa; e polo sur e oeste co de Arce.

Relevo e hidrografía A localidade atópase entre montañas, destacando a carballeira existente xa que é unha das fragas de maior interese en Europa e o máis importante de toda a Península Ibérica na súa especie. A árbore que predomina é o carballo, aínda que se trata dun bosque mixto no que se pode atopar tamén outras especies como faias, bidueiros, castañeiros, cereixeiros silvestres e un abondoso baixobosque de buxo común.Concello de Orotz-Betelu: A Carballeira de Betelu.

Demografía

Notas

Categoría:Concellos de Navarra