Espartza Zaraitzu (en éuscaro) ou Esparza de Salazar (en castelán; as dúas formas oficiais) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, no val de Salazar e a 78 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 88 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 26,92 km² e a súa densidade de poboación é de 3,27 hab/km².
Demografía
Xeografía A localidade de Espartza Zaraitzu está situada na parte nordeste da Comunidade Foral de Navarra e na central do val pirenaico de Salazar, a unha altitude de 705-900 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 26,918 km² e limita polo norte cos concellos de Jaurrieta e Orontze, polo leste co de Bidankoze, polo sur co de Sartze e polo oeste co monte Remendia.
O río Zaraitzu atravesa o concello de norte a sur. En inverno as nevaradas son abondosas, sendo o 4º concello navarro no que máis neva, proporcionalmente as temperaturas en inverno acadan os -25cº e no verán supera os 35cº.
Notas
Categoría:Concellos de Navarra