Schizophyta é o termo, acuñado por Cohn en 1875, e hoxe practicamente en desuso, co que se designou o taxon onde estaban incluídos os procariotasMerriam Webster Online Dictionary, daquela aínda non definidos como tales. É un termo botánico, xa que foron incluídos no reino vexetal, seguramente polo parecido das ben coñecidas algas vedeazuladas (cianobacterias) no seu metabolismo fotosintético e forma de vida coas algas. Antes eran considerados "animálculos", termo que procedía do tempo das primeiras observacións microscópicas.
As Schizophyta dividíronse en dous grupos: Schizophyceae. As algas azul-verdosas. De: schizo=partición, phyceae=alga. Schizomycetes ou Schizomyceae. As bacterias. De: schizo=partición, myco=fungo. Aludindo en ambos os casos á forma de reprodución bacteriana por fisión binaria e aos seus diferentes metabolismos.
Nas sucesivas clasificacións as Schizophyta foron consideradas división, clase, filo ou subreino.
Schizophyta aparece como unha rama do Reino vexetal nos seguintes sistemas de clasificación:
sistema de Engler de 1924 (coa categoría de División). sistema de Wettstein de 1934 (coa categoría de Filo).
Estes sistemas foron superados polas sucesivas novas taxonomías que foron aparecendo, e que lle deron ás Schizophyta nomes como Protophyta, Prokaryotae, Monera e actualmente os termos taxonómicos que se usan son Archaea e Bacteria.
Notas
Categoría:Taxonomía Categoría:Procariotas