O campus de Ponferrada é a área onde se imparten estudos universitarios na vila leonesa de Ponferrada. Historia Comezou a impartir docencia no curso 1996/1997, despois de anos de reivindicacións para que O Bierzo se dotase de institucións universitarias. Para iso, reaproveitouse o edificio do antigo Hospital do Camiño de Santiago, baleiro despois do seu traslado a un edificio de nova planta.

A actividade no Campus ponferradino iniciouse con só 149 alumnos; hoxe, tras anos en que a sede berciana foi aumentando o seu abano de titulacións, ao tempo que dotándose de novas e máis modernas infraestruturas; entre elas, novos edificios para servizos, institutos de investigación, cafetaría...

Titulacións do Campus de Ponferrada Na actualidade, o abano de titulacións impartidas en Ponferrada inclúe: Enxeñaría Técnica en Topografía. Enxeñaría Técnica Forestal. Enxeñaría Técnica Agrícola: especialidade Industrias Agrarias e Alimentarias. Enfermaría (anexa ao campus). Fisioterapia. Turismo (privado) (a partir do ano 2010 desaparece como oferta) O Título Propio de Grao Medio en Cinematografía e Artes Visuais, hoxe envolvido en certa polémica pola posibilidade da súa conversión en título de formación profesional coa entrada en vigor do Espazo Europeo de Educación Superior, é un dos máis atractivos da institución académica e contou coas leccións maxistrais de cineastas do talle de Woody Allen ou Alejandro Amenábar, entre outros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Universidade de León Universidade Nacional de Educación a Distancia

Categoría:Universidade de León Categoría:Ponferrada Categoría:Campus Categoría:Universidade Nacional de Educación a Distancia