Who Am I? (en chinés tradicional 我是誰 e simplicado 我是谁) é un filme de acción e artes marciais producido en Hong Kong, dirixido por Benny Chan e Jackie Chan, quen tamén é o protagonista. Foi estreada o 17 de xaneiro de 1998.
Sinopse Jackie é recrutado pola CIA para formar parte dun comando de elite, que recibe a orde de asaltar un laboratorio secreto de armamento tecnolóxico na xungla africana. Traizoados polo seu xefe, todo o equipo morre agás Jackie, que é abandonado na xungla. Unha tribo recólleo e cúrao, aínda que sofre de amnesia que lle impide lembrar quen é e como chegou ata alí. A súa loita por descubrir a súa verdadeira identidade significa a persecución dos seus antigos inimigos, e non poder confiar en ninguén nunca máis.
Personaxes Jackie Chan como Jackie/"Who Am I?" Michelle Ferre como Christine Stark Mirai Yamamoto como Yuki Ed Nelson como Xeneral Sherman Ron Smerczak como Axente da CIA Morgan Ron Smoorenburg como gardacostas de Morgan experto en Taekwondo Kwan Yung como gardacostas de Morgan experto en Cai Li Fo Yanick Mbali como Baba Washington Xisolo como Xefe da vila Tom Pompert como Secretario da CIA Glory Simon como Secretario da CIA
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Jackie Chan Categoría:Filmes dirixidos por Benny Chan Categoría:Filmes de Media Asia Categoría:Filmes de Golden Harvest Categoría:Filmes rodados nos Países Baixos Categoría:Filmes rodados en Namibia Categoría:Filmes sobre amnesia