O río Mesoiro, coñecido nalgúns treitos como rego de Beneirón, rego de Campos ou río MonelosO río da Coruña chámase Monelos Fisterra: Caderno de aula de xeografía e historia de 1º de ESO do IES Elviña, é un río galego que nace e desemboca no concello da Coruña. Atópase soterrado durante a maior parte do seu percorrido, canalizado baixo o chan das rúas da cidade.
Percorrido esquerda|miniatura|Obras de canalización dun treito do río no polígono de Pocomaco en 2014. Nace na parroquia de San Vicenzo de Elviña, no lugar de Castiñeiras, preto do límite municipal entre A Coruña e Arteixo. Dende alí baixa ata Feáns, recibindo durante este percorrido o nome de rego de Beneirón. Logo continúa ata Mesoiro coa denominación de rego de Campos. A partir de Mesoiro é coñecido como río Mesoiro e continúa o seu traxecto paralelo ó polígono de Pocomaco, sufrindo dúas pequenas canalizacións parciais durante este treito (na travesía de Mesoiro e arredor dunha vía de acceso a Pocomaco). A partir da entrada principal do devandito polígono xa se atopa totalmente canalizado baixo terra ata o peirao de San Diego, no porto da Coruña, onde desemboca. Durante o curso soterrado, o río pasa baixo os barrios do Martinete, Someso, O Birloque, Polígono de Elviña, Monelos, A Cubela e A Gaiteira. No último treito recibe o nome de río de Monelos.
Afluentes Pola marxe esquerda: Río de Pastoriza, que enche o encoro de Meicende. Antes de confluír co Mesoiro, únese na Agrela cun rego que baixa da MouraDocumento Refundido do PXOM da Coruña, axustado ás condicións contidas na Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de 25/02/2013. Xunta de Galicia.. Rego de Moitos, que pasa canalizado por Pocomaco, onde recibe dous pequenos afluentes antes de converxer co Mesoiro. Rego dos Carneiros, na zona de Feáns. Ten un afluente chamado rego de Conxes. Pola marxe dereita: Río Lagar, proveniente da localidade de Castro de Elviña e que atravesa o Campus de Elviña da Universidade da CoruñaO uso sustentábel da auga e a súa relación co territorio no Campus Universitario de Elviña da Universidade da Coruña Juan Cagiao Villar, Manolo Soto Castiñeira, Xosé Lois Martínez Suárez, Jesús Manuel Giz Novo, María José Servia García, Elvira Sahuquillo Balbuena, Flavia Piñeiro Ces. p. 6.. Ademais, tamén conflúen pola marxe dereita outros tres cursos fluviais máis curtos, un situado na zona de Feáns, outro localizado entre Feáns e Mesoiro e finalmente outro máis que baixa dende Eirís de Abaixo polas Cernadas. Practicamente tódolos ríos listados posúen algún treito canalizado, en maior ou menor medida, aumentando a frecuencia canto máis dentro se atopan do casco urbano consolidado, tal e como acontece co propio río Mesoiro.
Historia O río atravesaba os terreos do antigo concello de Oza (anexionado polo concello da Coruña en 1912), de actividade principalmente agrícola, servindo no seu último treito como límite entre este concello e o da Coruña. Dende mediados dos século XX, coa expansión urbanística da cidade, o río foi canalizado e soterrado progresivamente ata desaparecer completamente do contorno urbanizado, manténdose sen canalizar tan só nas zonas de Feáns e Mesoiro.
Pesca Antes da canalización do río, as anguías criadas nas súas augas eran de gran calidade . Alén diso, a pesca na contorna costeira achegada ó río fora dunha riqueza importante, como xa se recoñecera no século XVIII:
A pesar disto, durante a campaña xornalísitica da prensa coruñesa en prol da canalización, afirmouse que a fauna do río non tiña ningún valor coa intención de que non se adoptase outro tipo de alternativa rexeneradora, tal e como se observa neste artigo:
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ríos de Galicia Esquece Monelos
Ligazóns externas Iván Méndez en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 14.10.2024)
Mesoiro Categoría:A Coruña