Otto Piene, nado en Laasphe o 18 de abril de 1928 e finado en Berlín o 17 de xullo de 2014, foi un pintor e escultor alemán.

Biografía Otto Piene creceu en Lübbecke. Entre 1949 e 1953, estudou pintura na Academia de Arte de Múnic e na de Düsseldorf. Entre 1952 e 1957 estudou filosofía na universidade de Colonia. En 1959 celebrou a súa primeira exposición individual na Galería Schmela de Düsseldorf. En 1964 aceptou un posto como docente na Universidade de Pensilvania, cargo que exerceu durante catro anos. A Universidade de Baltimore nomeouno Doutor en Belas Artes en 1994. Ultimamente alternaba as súas residencias entre Massachusetts e Düsseldorf.

Obra En 1957, Piene e Heinz Mack fundaron o grupo ZERO, uníndoselles en 1961 Günther Uecker. Este grupo mostrouse moi activo entre 1961 e 1966, celebrando numerosas exposicións, así como publicando de xeito periódico a revista homónima. A esa época pertencen obras como Lichtballette ("Balé de luz") e Rauchbilder ("Imaxes de fume"), no que a relación entre a obra exposta e as enerxías naturais primarias son máis que evidentes. Piene participou con obras súas en documenta en 1959, 1964 e 1977.

Otto Piene traballou cos seus Rauchbilder; lume e fume son elementos importantes nas súas obras. Tamén experimentou con combinacións de elementos multimedia. Xunto cos seus correlixionarios Günther Uecker e Heinz Mack, converteuse en portavoz do Neuen Idealismus ("Novo Idealismo"). En 1968 realizou, en colaboración con Aldo Tambellini, o programa televisivo Black Gate Cologne, que é recoñecido como un dos pioneiros no seu xénero.

Tamén participou en dúas edicións da Bienal de Venecia, en concreto nos anos 1967 e 1971. En 1985 fixo o propio na Bienal de São Paulo. Quizais a súa obra máis popular fose o Arco da vella creado para a clausura dos Xogos Olímpicos de Múnic.

Galardóns 1994: Doutor en Belas Artes h.c. pola Universidade de Maryland 1996: Premio de Escultura pola American Academy of Arts and Letters, Nova York 2003: Premio Mundial de Artes Leonardo da Vinci polo Consello Cultural Mundial 2008: Premiado pola Kulturstiftung Dortmund

Notas

Véxase tamén Bibliografía Busch, Julia M., A Decade of Sculpture: the New Media in the 1960's (The Art Alliance Press: Philadelphia; Associated University Presses : Londres, 1974) ISBN 0-87982-007-1 Radford, Georgia and Warren Radford, "Sculpture in the Sun, Hawaii's Art for Open Spaces", Universidad de Hawaii, 1978, 95. Ligazóns externas

Biographie des Künstlers Otto Piene (medienkunstnetz.de) Bilder der Landmarke Halde Rheinpreussen Ausstellung - Arbeiten der 50er & 60 er in der Galerie Leu

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados na rexión de Arnsberg Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Escultores de Alemaña Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores do século XXI