Con el culo al aire é un filme español de 1980, dirixido por Carles Mira e protagonizado por Ovidi Montllor, Eva León, Joan Monleón e Caco Senante. O guión foi realizado polo mesmo Carles Mira. Sinopse
Trata sobre un mozo que é ingresado nunha institución mental debido ao estado vexetativo en que queda sumido tras iniciarse no sexo coa cantante dun grupo musical. No manicomio coñecerá estraños personaxes e experimentará sorprendentes vivencias.
Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá