Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, nado o 14 de setembro de 1952 en Ponteceso, é un historiador galego.

Traxectoria Estudou en Guadalaxara e Xaén e doutorouse en 1984 en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid.Xornal ABC do 24 de setembro de 1984 .

Foi profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (1994-2022) e director de Cuadernos de Estudios Gallegos,Eduardo J. Pardo de Guevara y Valdés na páxina do Consello Superior de Investigacións Científicas.. Actualmente é Científico vinculado ad honorem do IEGPS e vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, membro do Consello da Cultura Galega,Seccións e Comisións Técnicas do Consello da Cultura Galega. membro da Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía e académico correspondente desde 1993 da Real Academia da Historia pola provincia de Lugo.

A súa bibliografía é abondosa. Inclúen artigos seus, entre outras publicacións, o Boletín da Real Academia Galega, os Cuadernos de Estudios Gallegos, Murguía: Revista Galega de Historia, El Museo de Pontevedra, Eduga: Revista Galega do Ensino e o Anuario Brigantino.Eduardo Pardo de Guevara y Valdés en Dialnet.

É membro do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia.

En 2023 concedéronlle o Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural.Os Premios da Cultura Galega recoñecen Yolanda Castaño e Ponte... nas Ondas! Obra publicada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Galegos.info Vidas de pazo: "Pazo de Mirapeixe / Pazo de Andeade / Pazo dos Feixóo / Pazo Quiñones de León" TVG, 23/3/2013.

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Enciclopedistas de Galicia

Categoría:Premios da Cultura Galega

Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Nados en 1952