O ácido diaminopimélico (DAP) é un aminoácido non proteinoxénico, que é un derivado no carboxilo épsilon da lisina.

A presenza de DAP é unha característica das paredes celulares de certas bacterias. O DAP encóntrase a miúdo nos péptidos que unen as cadeas polisacarídicas de ácido N-acetilmurámico e N-acetilglicosamina (NAM-NAG) que forman parte do peptidoglicano da parede celular das bacterias gramnegativas. Cando se lles proporciona este aminoácido a estas bacterias, crecen con normalidade, pero cando hai deficiencia del, crecen pero sen poder formar nova parede de peptidoglicano.

Este tamén é o punto de unión da lipoproteína de Braun, que é unha proteína que se encontra naturalmente formando parte da membrana externa bacteriana gramnegativa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Peptidoglicano Ácido pimélico Parede celular

Imaxes miniatura|Vista alternativa da estrutura do DAP.

Categoría:Aminoácidos Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Aminoácidos non proteinoxénicos