Este artigo trata sobre o nome, para o santo véxase Sebastián mártir.

dereita|miniatura|280px|Martirio de San Sebastián, na igrexa de San Pedro de Xurenzás, en Boborás (Ourense). Sebastián é un nome propio masculino galego e castelán. Sebaste é o nome dunha vila de Asia MenorSebaste, Charlton T. Lewis, Charles Short, A Latin Dictionary, on Perseus (hoxe en día Anatolia), que á súa vez deriva da verba grega σεβαστός (sebastos), "venerábel",σεβαστός, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus que vén de σέβας (sebas), "temor, reverencia",σέβας, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus á súa vez do verbo σέβομαι (sebomai), "sentir temor, escrúpulo, avergoñarse".σέβομαι, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus Sebastos foi a tradución grega do título Augusto, que usaban os emperadores romanos. Sebastián volveuse un nome moi común, moi especialmente en Galiza, por mor de que era o nome de San Sebastián, un mártir cristián do século III. En galego tamén conta coa variante BastiánMartín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970): "Bastian, llaman así entre rústicos al que tiene el nombre de Sebastian". Leandro Carré Alvarellos (1951): Diccionario galego-castelán, Terceira Edizón, A Coruña, Roel: "Bastián:Sebastián, forma familiar, nombre de varón." e os hipocorísticos Sebas e Sabas. Na Idade Media era común a forma Sebaschán, mais esta forma non se consolidou e xeneralizouse o semicultismo Sebastián.

Aínda que 13 parroquias teñen a San Sebastián coma padroeiro, o nome non é dos máis populares en Galiza (véxase: :Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián). En xaneiro de 2023 existían 848 varóns en Galicia co nome Sebastián, cunha media de idade de 37,6 anos,Nome Sebastián na Web do Instituto Galego de Estatística e 30 co nome Bastián, cunha media de idade de 12,9 anos.Nome Bastián na Web do Instituto Galego de Estatística

Santoral 20 de xaneiro, San Sebastián, soldado, santo e mártir cristián do século III.

Sebastián noutras linguas dereita|miniatura|200px Alemán: Bastian / Sebastian Aragonés: SabastiánEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Bretón: Bastian Castelán: Sebastián Catalán: Sebastià Croata: Sebastijan Eslovaco: Sebastián Esloveno: Boštjan / Sebastijan / Sebastjan Éuscaro: Saustin / Sebastian / Sebastia / Sausten Francés: Sébastien / Bastien Grego: Σεβαστός (Sevastos/Sebastos), Σεβαστιανός (Sevastianos/Sebastianos), Σεβαστίνος (Sevastinos/Sebastinos) Inglés: Sebastian Italiano: Bastiano / Sebastiano Maltés: Bastjan Neerlandés: Sebas / Sebastiaan / Bastiaan Polaco: Sebastian Portugués: Sebastião Romanés: Sebastian Ruso: Sevastian Sueco: Basse

Variantes femininas Bastiana (Lingua portuguesa), (Lingua italiana), (Lingua galega) Bastienne (Lingua francesa) Bastina (Lingua francesa) Sebastiana (Lingua portuguesa), (Lingua italiana), (Lingua galega), (Lingua española) Sébastienne (Lingua francesa) Seva (Lingua francesa) Σεβαστή (Sevasti) (Lingua grega) Sebastianella (Australia)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sebastián, mártir San Sebastián (cidade do País Vasco) Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Sebastián Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe grega Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos casteláns