Fuad TualRomanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007) (véxase WP:TRL).Tamén romanizado como Fouad Twal, Fuad Tuwal, Fuad Twal, e Fouad Tuwal. (en árabe فؤاد طوال), nado o 23 de outubro de 1940 en Madaba (Xordania), é un arcebispo católico latino palestino, patriarca de Xerusalén dende xuño de 2008 até xuño de 2016. Tual foi tamén o Gran Prior da Orde do Santo Sepulcro, e exerceu de Presidente da Asemblea de Ordinarios Católicos da Terra Santa.

Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1966, e seguidamente foi vigairo de Ramalla. En 1972 entrou na Pontificia Universidade Lateranense para realizar estudos en Dereito Canónico, conseguindo o doutoramento en 1975. Foi nomeado prelado da prelatura territorial de Tunes polo papa Xoán Paulo II o 30 de maio de 1992. Foi consagrado bispo o 22 de xullo dese ano polo patriarca Mixail Saba. O 31 de maio de 1995, a prelatura territorial foi elevada a diocese, e Tual foi nomeado arcebispo ad personam. En 2005, o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo coadxutor de Xerusalén. Sucedeu a Mixail Saba como patriarca o 21 de xuño de 2008 e foi entronizado na basílica do Santo Sepulcro da devandita cidade ao día seguinte.

O 29 de xuño de 2008, Fuad Tual recibiu o palio das mans de Bieito XVI nunha misa na basílica de San Pedro. O 7 de marzo de 2009 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.

O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco confirmouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.

Galería

Notas

Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Xordania Categoría:Patriarcas católicos Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Bispos católicos de Xordania Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Israel Categoría:Arcebispos católicos de Chipre Categoría:Bispos católicos de Palestina Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais