El Día de Fiesta foi un semanario editado na Coruña entre 1881 e 1882.
Historia e características Subtitulado Pasatiempo semanal ilustrado, apareceu o 6 de novembro de 1881. Foi continuación de El Domingo. Dirixido por Vicente Platel, que tamén era o seu redactor xunto a Román Navarro e J. Puga. Tiña seccións de creación literaria e outras dedicadas á moda e a distintas actividades sociais. Sacou dezasete números, cesando a súa publicación o 26 de febreiro de 1882.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1881 en Galicia