Henrique de Borgoña, chamando Donzel ou le Damoiseau,Henri de Bourgogne, le Damoiseau no sitio Foundation for Medieval Genealogy nado contra o ano 1035 e finado contra 1066, foi un nobre francés, fillo de Roberto I o Vello, duque de Borgoña e de Hélie de Semur, e neto do rei de Francia Roberto II o Piadoso.

Segundo certos historiadores, casou en 1056 con Sibila de Barcelona, filla de Berenguer Ramón I, chamado o Curvado, conde de Barcelona e Xisela de Lluça.Jean Richard: Les ducs de Bourgogne et la formation du duché du XIe au XIVe siècles. Segundo outras fontes, foi esposo de Sibila, filla do conde Rexinaldo I de Borgoña e de Alicia de Normandía.

Pero en base a unha frase de Orderic Vital, falando das fazañas de Roberto I de Borgoña en varios países, parece máis probábel a primeira hipótese: «nunha expedición en 1058 para defender o Condado de Barcelona contra os musulmáns, casara cun parente do conde Raimundo Borrell, cuxo alcume pasou aos seus descendentes.Maurice Chaume: Les premières croisades bourguignonnes au-delà des Pyrénées in Annales de Bourgogne, XVIII, 1946, p. 161-165) e En marges des croisades bourguignonnes, d'Espagne, in Annales de Bourgogne, IX, 1937, p. 68-73).

Descendencia Tivo os seguintes fillos: Hugo (1057 - 1093), duque de Borgoña, co nome de Hugo I. Eudes (1058 - 1103), duque de Borgoña, co nome de Eudes I. Roberto (1059 - 1111), bispo de Langres Renaud (1065 - 1092), abade de Saint-Pierre à Flavigny; Henrique (1066 - 1112), conde de Portugal, de quen descende a primeira casa real de Portugal.

Morreu antes que o seu pai, polo que o seu fillo Hugo sucedeu ao seu avó.

Notas

Categoría:Nobres de Francia Categoría:Borgoña