Anxo é un nome propio masculino galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". En galego tamén ten as variantes Xelo e Anxelo, e os hipocorísticos Xele, Xeliño, Xelucho, Lucho e Xeluco.
En xaneiro de 2023 existían 3.352 varóns en Galicia co nome Anxo, cunha media de idade de 16,6 anos,Nome Anxo na Web do Instituto Galego de Estatística e 6 co nome Anxelo, cunha media de idade de 17,7 anos.Nome Anxelo na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Xelo.
Historia É un nome moi común en todo o mundo occidental coas súas propias derivacións árabes e hebraicas. Os anxos teñen sido os gardiáns do ceo en termos bíblicos e de mitoloxía hebraica concordante coa relixión predominante na civilización occidental, xunto ao mundo hebraico actual e islámico.
Santoral Anxo 2 de outubro: Santos Anxos Custodios.
Variantes noutras linguas Variantes noutras linguas Lingua albanesa Engjëlli Lingua alemá Engel Lingua aragonesa AnchelEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Lingua asturiana Ánxelu, Anxelu Lingua búlgara Ангел (Angel) Lingua catalá Àngel Lingua checa Anděl Lingua corsa Anghjulu Lingua dinamarquesa Angelus Lingua escocesa Aingeal Lingua española Ángel (fem. Ángela, Ángeles, Angelina e Angélica). Esperanto Anĝelo Éuscaro Aingeru, Gotzon Lingua finesa Angelus Lingua francesa Ange Lingua galega Anxo Lingua grega Άγγελος (Aggelos) Lingua neerlandesa Angelus Lingua húngara Angelusz Lingua hawaiana Anhel Lingua inglesa Angel Lingua italiana Angelo(it) Segundo unha estimación do ano 2000 era o noveno nome masculino italiano máis común LIOn, (Laboratorio Internazione di Onomastica) - Clasificación Onomásticas: nombres masculinos en Italia en el siglo XX Lingua xaponesa 天使 (tenshi) Lingua latina Angelus Lingua lituana Angelas Lingua maltesa Anġlu Lingua norueguesa Angelus Lingua polonesa Anioł Lingua portuguesa Anjo, Ângelo Lingua romanesa Anghel Lingua rusa Ангел (Angel) Lingua sarda Angelu Lingua siciliana Àncilu Lingua sueca Angelus
Personaxes celebres Antigüidade Anxo de Sicilia (Santo Anxo de Sicilia), Sicilia, 1225, presbítero e mártir siciliano. Ángela de la Cruz (Santa Ánxela da Cruz), Sevilla, 1846, relixiosa católica andaluza. Ánxela de Foligno (Santa Angela da Foligno), Foligno, 1248, terciaria franciscana, mística e escritora medieval italiana. Ánxela Merici (Santa Ánxela de Merici), Desenzano del Garda (Brescia), 1474, foi unha relixiosa italiana. Miguel Anxo, coñecido coma Michelangelo, Caprese Michelangelo, 1564, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta italiano. Dinastía Anxo, dinastía que gobernou Constantinopla e o Imperio bizantino de 1185 a 1204. Aleixo III Anxo, 1153, foi un emperador bizantino. Aleixo IV Anxo, 1182, foi un emperador bizantino. Isaac II Anxo, 1155, foi un emperador bizantino. Outras personalidades Galegos Anxo Lorenzo, Moaña, 1974, gaiteiro galego. Anxo Quintana, Allariz, 1959, político galego (Bloque Nacionalista Galego, BNG) Anxo Quintela, Vigo, 1960, escritor e xornalista galego. Miguel Anxo Araúxo Iglesias, O Pereiro de Aguiar, 1920, foi un bispo galego. Miguel Anxo Fernán-Vello, Cospeito, 1958, escritor e editor galego. Miguel-Anxo Murado, Lugo, 1965, escritor, xornalista e guionista galego. Miguel Anxo Fernández Fernández, O Carballiño, 1955, escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego. Anxo Angueira, Dodro, 1961, filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. Anxo Tarrío, Santiago de Compostela, 1945, catedrático galego de filoloxía galega e portuguesa. Ángel Castro Argiz (Anxo Castro Argiz), Láncara, 1875, emigrante galego, pai dos dirixentes Fidel e Raúl Castro. Anxo Guerreiro, Xermade, 1945, foi un político e xornalista galego. Xosé Anxo Laxe, Outeiro de Rei, 1954, político galego. Anxo Rei Ballesteros, Boqueixón, 1952, foi un escritor galego. Ángel Villanueva Cendón (Manuel Anxo Villanueva Cendón), Ourense, 1935, avogado, empresario e político galego do PPdeG. Luis Ángel Lago Lage (Luis Anxo Lago Laxe), Rábade, 1957, político galego do PSdeG. Miguel Anxo Sande Corral, Arteixo, 1961, escritor e xornalista galego. Anxo Pintos, Vigo, 1968, músico e compositor galego. Miguel Anxo Fernández Lores, Vilalonga, 1954, é un médico e político galego. Anxo Carbajal, Ourense, 1965, actor galego. Miguel Anxo González Suárez, Ourense, 1947, foi un futbolista galego. Anxo López Sueiro, A Capela, político coruñés da Capela. Anxo Gómez Sánchez, filólogo galego. Anxo Lorenzo Suárez, Vigo, 1964, sociolingüista e político galego. Miguel Anxo Mato Fondo, Ponteceso, 1953, escritor e crítico literario galego. Anxo Romero Loxo, Rianxo, 1905, foi un músico e compositor galego. Miguel Anxo Seixas Seoane, Arzúa, 1960, historiador galego. Manuel Anxo Taboada Rodríguez, 1955, político galego Do PSdeG. P Manuel Anxo Fernández Baz, Ribeira, 1975, político e ensaísta galego. Manuel Anxo Laxe Freire, Castro de Rei, 1944, foi un escritor e tradutor galego. Anxo Casalderrey, Ribadavia, 1965, adestrador de fútbol galego. Anxo Fariña, Vigo, 1977, ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego. Miguel Anxo Mouriño, Cambados, 1943, é un escritor galego. Anxo González Guerra, Cartelos, Carballedo, 1955, profesor galego. Anxo Lugilde, Lugo, 1970, xornalista galego. Mulleres Anxos Sumai, Catoira, 1960, é unha documentalista, tradutora e escritora galega. Ánxela Bugallo, A Coruña, 1963, é unha política galega vencellada ao BNG. Ánxela Gracián, Castroverde, 1968, escritora galega. Ánxela Loureiro, Ferrol, 1956, escritora de literatura infantil e xuvenil galega. Anxos Romeo, A Estrada, 1965, escritora, poeta e pintora galega. María dos Anxos González Refoxo, Padrón, filóloga galega.
Outras nacionalidades Ángel Acebes, político español. Ángel Alonso, escritor español. Angelo Badalamenti, músico e compositor estadounidense. Àngel Colom, político catalán. Ange-Jacques Gabriel, arquitecto francés. Àngel Guimerà, escritor, poetae dramaturgo catalán. Ángel Herrera Oria, xornalista sacerdote español. Angelo Mai, relixioso e filólogo italiano. Ángel Nieto, piloto de motociclismo español. Ange-Félix Patassé, expresidente da República Centroafricana. Angelo Poliziano, humanista e poeta italiano. Ángel de Saavedra, escritor, dramaturgo, poeta, pintor e político español. Angelus Silesius, poeta relixioso xermano-polonés. Angelo Sodano, relixioso italiano. Ángel Suquía, crego español, cardeal e arcebispo de Madrid. Ángel Valiente, poeta decimista cubano recoñecido. Ángel Parra, cantautor chileno. Miguel Ángel Revilla, Polaciones, 1943, é un economista e político rexionalista cántabro. Miguel Ángel Silvestre, Castelló de la Plana, 1982, actor español.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Os Ánxeles Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Estadio Anxo Carro San Mamede dos Anxos, Lugo Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe grega Categoría:Nomes masculinos galegos