Isaac Forneiro Barandela, nado en Ourense en 1897 e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un empregado e político galego.

Traxectoria Empregado de banca en Cedeira. Galeguista das Irmandades da Fala, publicou Cantigas populares de Cedeira na revista Nós (1932).Cabanillas, Ramón (1951). Antífona da cantiga. Editorial Galaxia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado no castelo de San Filipe o 18 de decembro de 1936.Galicia, 24-1-1937, p. 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Casares, Carlos (2004). Conciencia de Galicia. Risco, Otero, Curros, tres biografías. Galaxia.

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1897

Categoría:Finados en 1936 Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos