A arquieparquía de Haifa e Terra Santa () é unha sé da Igrexa Católica inmediatamente suxeita ó Patriarcado de Antioquía dos Maronitas. En 2009 contaba con 7.000 bautizados. O seu arcebispo actual é o antoniano Musa al-Hax.

Territorio A arquieparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa Maronita que viven en Israel. A sé arcebispal é a cidade de Haifa, onde está a catedral de San Lois Rei. O territorio está organizado en 6 parroquias.

Historia A arquieparquía foi erixida o 8 de xuño de 1996, en territorios da arquieparquía de Tiro, e con xurisdición sobre todo Israel, Palestina, Xordania e a cidade de Xerusalén.

O 5 de outubro do mesmo ano cedeu parte do seu territorio para erixir os exarcados patriarcais de Xerusalén e Palestina e de Xordania, que até agora están unidos in persona episcopi á arquieparquía.

Episcopoloxio Bulus Nabil al-Saya (5 de outubro de 1996 - 6 de xuño de 2011 nomeado arcebispo da curia patriarcal de Antioquía) Musa al-Hax (16 de xuño de 2012 - actualidade)

Notas

Categoría:Divisións territoriais católicas en Israel Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica maronita