A xesta molar ou xesta mansaNomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 VV. AA. (2012) e Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo (Cytisus striatus) é unha especie de xesta (xénero Cytisus; familia das fabáceas) que medra en todo o occidente peninsular, incluíndo Galiza.
Descrición É un arbusto de até 3 m, moi ramificado. Pólas con oito costelas moi marcadas, seríceas de novas, e case glabras de adultas. Follas trifoliadas ou simples; as dos talos vellos son pecioladas e as dos novos sentadas. Flores solitarias. Cáliz de seríceo a puberulento. Corola amarelo-pálida, con quilla falcada e glabra na parte superior. Androceo con dous estames máis longos. Estilo enrolado. Legume de oblonga a linear-oblonga , máis ou menos inflada, densamente pilosa, con indumento abrancazado.
Distribución e hábitat Endemismo da metade occidental da Península Ibérica e do Norte de África, aínda que tamén se ten introducido noutros países coma Chile ou os Estados Unidos nos estados de California e Oregón onde é considerada unha maleza. Tense cultivado nos noiros e bermas das estradas, dende onde se ten asilvestrado nalgúns países europeos.
Medra sobre solos acedos nos clareiros de piñeirais e bosques de aciñeiras e sobreiras ou formando parte de piorneiras, xesteiras e matogueiras. Chega a formar matogueiras mestas en terreos silíceos e non demasiado secos mais de tendencia termófila, fuxindo das zonas altas e demasiado frías.
Importancia económica e cultural Moi apreciada coma combustíbel, sementábase nas leiras de centeo do occidente de Salamanca e se aproveitaba coma leña. Tamén se facían vasoiras fortes para varrer rúas. Empregábase asiduamente para cofeccionar os teitos das cabanas dos pastores, colmados de cortes e alpendres.
Citoloxía Números cromosomáticos de Cytisus striatus (Fam. Leguminosae) e táxones infraespecificos: 2n=48Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós. Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 137-186 (1977).
Sinonimia Cytisus pendulinus L.f., Suppl. Pl. 328 (1782), nom. illeg. Genista striata Hill, Veg. Syst. 13: 63, tab. 13 App. (1768) Sarothamnus striatus (Hill) Samp. in Anais Fac. Ci. Porto 19: 87 (1934) Cytisus boissieri Briq., Étud. Cytises Alpes Mar. 148 (1894) Cytisogenista eriocarpa (Boiss. & Reut.) Rothm. in Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 49: 55 (1940) Cytisus eriocarpus (Boiss. & Reut.) Rchb. & Beck in Rchb., Icon. Fl. Germ. Helv. 22: 15 (1867), nom. illeg., non Boiss. Sarothamnus eriocarpus Boiss. & Reut., Diagn. Pl. Nov. Hisp. 10 (1842) Cytisogenista patens (L.) Rothm. in Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 49: 55 (1940) Sarothamnus patens (L.) Webb, Iter Hisp. 51 (1838) Cytisus patens L., Syst. Veg. ed. 13 555 (1774) Spartium patens L., Syst. Veg. ed. 13 535 (1774) Verzinum patens Raf., Sylva Tellur. 23 (1838), nom. illeg. Cytisus pendulinus var. eriocarpus (Boiss. & Reut.) Cout., Fl. Portugal 326 (1913) Cytisus pendulinus var. welwitschii (Boiss. & Reut.) Cout., Fl. Portugal 326 (1913) Spartium procerum Willd., Enum. Pl. Horti Berol. 743 (1809) Cytisus procerus (Willd.) Link, Enum. Hort. Berol. Alt. 2: 241 (1822) Genista tomentosa Poir. in Lam., Encycl. Suppl. 2: 719 (1812) Cytisus welwitschii (Boiss. & Reut.) Rchb. & Beck in Rchb., Icon. Fl. Germ. Helv. 22: 15 (1867) Cytisogenista welwitschii (Boiss. & Reut.) Rothm. in Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 49: 55 (1940) Sarothamnus welwitschii Boiss. & Reut., Pugill. Pl. Afr. Bor. Hispan. 28 (1852)
Nomes comúns Xesta molar, xesta mansa, xesta femia, xesta moura. Tamén recibe os nomes de xesta de vasoiras, xesta branca e xesta negra pero cómpre non confindila con outras especies da familiaE. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Greuter, W. et al. (Eds.) (1989) Med-Checklist Vol. 4 (published) Heywood, V.H. & Ball, P.W. (1968) Leguminosae. In: Flora Europaea Vol. 2. ed. Tutin, T.G. et al. Rothmaler, W. (1944) Feddes Repert. Vol. 53 Stace, C. (1991) New Flora of the British Isles. Cambridge Univ. Press Parodi, L.R. (1987) Enciclop. Argentina de Agr. y Jard. (3rd Ed.) Acme: Buenos Aires Barneby, R.C. (1977) Mem. New York Bot. Gard. 27: 1-891 Daleae Imagines Hickman, J.C. (ed.) (1993) The Jepson Manual: Higher Plants of California. 1400pp. Isely, D. (1998) Native & naturalized Leg. of the USA. Brigham Young Univ. Utah Sampietro, A.R. & Vattuone, M.A. (1994) Phytochemistry 35: 841-845... S. welwitschii seed lectin Domínguez, E. (1987) Pap. in Flora Vasc. de Andalucia Occ. Ketres, Barcelona Polunin, O. & Smythles, B.E. (1973) Fls. of South-West Europe. Oxford Univ. Press
Ligazóns externas Feddes Repertorium Specierum Novarum Regni Vegetabilis. Berlin 53:149. 1948 USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Data from 07-Oct-06].
Categoría:Cytisus Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Flora da conca mediterránea