Pedro Otero Rey, nado en Redondela cara a 1935 e finado no mesmo concello o 13 de outubro de 1990,La Voz de Galicia, 14-10-1990, p. 26. foi un médico e político galego.
Traxectoria
Fillo do político galego Pedro Otero Sestelo e neto do tamén político Pedro Otero Milleiro. Entre outros, ostentou o cargo de alcalde de Redondela, ao que accedeu o 11 de marzo de 1966, sucedendo ao anterior alcalde, Juan Muíños Iglesias. Ademais de alcalde foi tamén deputado provincial. Dende a súa elección o 29 de marzo de 1964, foi reelixido en 1967 e 1971. Dimitiu como alcalde en 1976. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido concelleiro. Morreu en Redondela aos 65 anos.
Vida persoal Casou con Margarita Alfaya García.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pedro Otero Sestelo Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes
Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes