300px|miniatura|A agricultura itinerante é un tipo de agricultura de subsistencia. Os agricultores primeiro talan os matos e árbores, e posteriormente queiman a terra, empregando a cinza resultante coma fertilizante. Os campos son produtivos durante varios anos, e cando se esgotan os agricultores mudan de sitio e repiten o mesmo proceso. Na foto, terra queimada para a agricultura itinerante na rexión de Kampa, en Riau. A agricultura de subsistencia é un tipo de agricultura na que os produtos colleitados que produce a terra están destinados soamente ao consumo da familia que os traballa. A agricultura de subsistencia non procura o beneficio económico que resulta da comercialización dos produtos da terra, senón que o obxectivo é o autoconsumo e a autosuficiencia alimentaria.Agricultura de Subsistencia, por Wagner de Cerqueira e Francisco, en Xeografía Económica.

Os terreos adicados á agricultura de subsistencia adoitan ser de poucas hectáreas, e o volume de produción é escaso. A man de obra case sempre é a familia posuidora das terras, e os recursos agrarios son limitados, isto é, apenas se emprega maquinaria nin utensilios agrarios industriais.

A agricultura de subsistencia, que hoxe existe máis comunmente en áreas de África subsahariana, sueste asiático e partes de América do Sur e Central, é unha extensión do forraxeo primitivo practicado polas primeiras civilizacións. Historicamente, a maioría dos primeiros agricultores dedicáronse a algún tipo de agricultura de subsistencia para sobrevivir. Dentro das primeiras comunidades forraxeiras, como as sociedades de cazadores-recolectores, as pequenas comunidades só consumían o cazado ou recollido polos membros da comunidade. A medida que a domesticación de certas plantas e animais evolucionou, desenvolveuse unha sociedade agrícola de subsistencia máis avanzada na que as comunidades practicaban unha agricultura a pequena escala e de baixa intensidade para producir unha cantidade eficiente de bens para satisfacer as necesidades básicas de consumo da comunidade.

Tipos Agricultura itinerante Agricultura extensiva de secaño Agricultura irrigada do arroz

Notas

Véxase tamén Outros artigos Agricultura de Galicia

Categoría:Agricultura