A eparquía de San Sarbelio de Buenos Aires (en latín: Eparchia Sancti Sarbelii Bonaërensis Maronitarum) é unha sé da Igrexa católica maronita sufragánea da arquidiocese católica latina de Buenos Aires. En 2009 tiña arredor de 700.000 bautizados. Actualmente está dirixida polo bispo Juan Habib Chamieh.
Territorio A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis maronitas da Arxentina. A sé eparquial é a cidade de Buenos Aires, onde está situada a catedral de San Marón.
O territorio está estruturado en 4 parroquias.
Historia A eparquía foi erixida o 5 de outubro de 1990.
Episcopoloxio Xarbil Xurx Miri (5 de outubro de 1990 - 17 de abril de 2013, retirado) Administrador apostólico: Juan Habib Chamieh (17 de abril de 2013 - 22 de novembro de 2019) Juan Habib Chamieh (22 de novembro de 2019 - actualidade)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais católicas na Arxentina Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica maronita Categoría:Buenos Aires Categoría:Eparquías católicas