Castor Sánchez Martínez, nado en Parada de Amoeiro (Amoeiro) o 8 de xaneiro de 1894 e finado en Beade o 25 de agosto de 1936, foi un agrarista e político galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Escavación da ARMH en Beade á procura de Castor Sánchez Martínez e Antonio Pérez Gutiérrez en Beade (2019).
Canteiro, foi representante dos traballadores nas obras do ferrocarril. Loitador pola abolición dos foros, foi presidente das sociedades agrarias en Parada de Amoeiro. En 1919 marchou a Francia para evitar as represalias pola súa loita como agrarista, retornando en 1921. Fundou en Parada de Amoeiro a UGT e a Agrupación Socialista de Amoeiro, da que foi o seu primeiro secretario. Coa chegada da Segunda República foi elixido alcalde de Amoeiro o 5 de xuño de 1931. O 11 de outubro de 1934 foi cesado e deportado. Regresou a Amoeiro en xaneiro de 1935. O 20 de febreiro de 1936 asumiu novamente a alcaldía de Amoeiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e o 25 de agosto asasinado na estrada Berán-Beade, no cruzamento de Beade. Pouco antes os falanxistas asasinaron a Antonio Pérez Gutiérrez "Pinante", na estrada de Amoeiro a Parada. Ambos foron soterrados no cemiterio de Beade.
Colaborou en La Zarpa, La República e La Lucha, utilizando ás veces o pseudónimo José del Arroyo.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Alcaldes de Amoeiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1936