A illa Ellis é unha illa situada na foz do río Hudson e a menos dun quilómetro de distancia da illa da Liberdade, que acolle a Estatua da Liberdade.

Historia esquerda|miniatura|Vídeo de inmigrantes chegando á illa Ellis.É principalmente coñecida por ser, durante a primeira metade do século XX, a principal entrada dos inmigrantes que chegaban ós Estados Unidos de América. Os servizos de inmigración do país funcionaron na illa dende o 1 de xaneiro de 1892 até o 12 de novembro de 1954.

Administración A illa é administrada polo goberno federal e forma parte do monumento nacional da Estatua da Liberdade, baixo a xurisdición do Servizo Nacional de Parques e tamén acolle un museo. Territorialmente, é compartida entre as cidades de Nova York no estado de Nova York e Jersey City en Nova Jersey. A illa Ellis tamén foi suxeito dunha querela de fronteira entre os dous estados americanos.

Superficie Segundo a oficina de estatísticas dos Estados Unidos, a illa ten unha superficie oficial de 129619 m², sendo a maior parte dela creada de xeito artificial. A porción natural da illa, que se atopa no territorio da cidade de Nova York, ten 21458 m² e está completamente arrodeada pola parte artificial. Porén, máis do 83% da superficie da illa atópanse en territorio da cidade de Jersey.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial da Illa Ellis

Categoría:Illas do Atlántico Categoría:Illas dos Estados Unidos de América