miniatura|120px|Emblema da Sé Apostólica. As Acta Apostolicae Sedis (en latín, "Actas da Sé Apostólica"), polo xeral citadas como AAS, é unha publicación oficial da Santa Sé con periodicidade mensual. Contén todos os decretos principais, encíclicas, decisións das congregacións romanas e as novas dos nomeamentos eclesiásticos. Descrición Foi estabelecida polo papa Pío X co decreto Promulgandi Pontificias Constitutiones do 29 de setembro de 1908, e a súa publicación comezou en xaneiro de 1909. A lexislación canónica contida considérase promulgada ao ser publicada, e é efectiva tres meses logo da publicación.

Substituíu outra publicación similar que existía dende 1865, baixo o título de Acta Sanctae Sedis. Malia non estar oficialmente designada como a forma oficial de promulgación de leis da Santa Sé, o 23 de maio de 1904 foi declarada un órgano da Santa Sé, e que todos os documentos nela publicados eran auténticos e oficiais. As Acta Sanctae Sedis deixaron de publicarse catro anos máis tarde.

As versións oficiais dos documentos son as que aparecen nas Acta Apostolicae Sedis, e publícanse principalmente en lingua latina, aínda que ocasionalmente inclúen documentos noutras linguas. Dende 1929 inclúen un suplemento en lingua italiana, chamado Supplemento per le leggi e disposizioni dello Stato della Città del Vaticano, coas leis e regulacións civís da Cidade do Vaticano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Acta Apostolicae Sedis Perfil da publicación en Dialnet Perfil en WorldCat.org

Categoría:Santa Sé